Free Dot2 Lefty - Pointer 1 Cursors at www.totallyfreecursors.com

09/11/11

O CONTO DO DÍA DA BiBLIOTECA


Nós celebramos o día da BIBLIOTECA regalándolle á nosa biblio un CONTO...e así  puxémonos mans a obra.  Saíunos   este "contiño" que,  aínda que pequerrecho, é moi querido por nós, xa que llo contamos a todos os nosos compañeiros do colexio e  lles gustou moito...Ah! e tamén á Biblioteca...xa que agora ela sabe que nós somos uns bos "contistas"...


07/11/11

A HORA DE LER



"ERASE UNHA VEZ...A HORA DE LER"
 Todos os días  adicamos un tempo a sentarnos  na alfombra ,  collemos un conto do noso gusto e ... miramos o  seu contido, as súas ilustracións, as súas grafías, as  imaxes tan "chulas", ademais tamén  lemos os xornais e os cómics... 

 O que nós facemos  é unha viaxe a mundos distantes ou distintos, a mundos máxicos ou reais, a mundos que nos introduzan na fantasía...
e nos axuden a crecer.




06/11/11

O MAGOSTO... 
 ( No mes de Novembro, a castaña recupera a importancia
nas escolas galegas para celebrar unha festa popular moi
 arraigada.Nestes días réndeselle culto, é o Magosto.)
A castaña e o ourizo
Cantamos???


“O magosto do meu cole

é particular,

ásanse as castañas

como nos demais.


Estoupate!

E vólvete estoupar!

Fai moito exercicio,

para comer máis!


Hache, i, iota, ka,

ele, eme, ene ,a

que se ti , non ás queres

outro neno ás quererá.


!Castañí-ñassssssss,

asadí-ñassssss,

ben quentí-ñassss

peladí-ñassssss..!


A estirar, a estirar,

media volta e a papar.”

03/11/11

O SAMAÍN

Click to play this Smilebox greeting
Create your own greeting - Powered by Smilebox
This free greeting card generated with Smilebox

1º CICLO DE PRIMARIA



Estes somos nós!


 Este ano somos 13 nenos e nenas e a nosa profe Chámase María. 
Iniciamos o curso con moita ilusión e con moitas gañas de APRENDER...pero tamén de xogar, compartir, investigar, parolar...!

"...e chega setembro e iniciamos un novo curso na escola .
¡Os días na escola son moi divertidos!
Contamos historias e máis historias, e xogamos , e parolamos, e tamén aprendemos moitas cousas!
Eiquí estamos nós...este é o noso primeiro día deste curso. Unha aperta para todos.