Free Dot2 Lefty - Pointer 1 Cursors at www.totallyfreecursors.com

08/03/12

Como pasa o tempo!!

Neste video poderedes ver como vai pasando o tempo. Dende o principio do curso  ata agora aconteceron xa moitas cousas!
 Un tempo no que fomos adquirindo novas  habilidades, aprendendo autonomía,compartindo traballos e xogos , en definitiva, facéndonos maiores... 
E é que o tempo pasa...voando!!

02/03/12

Coñecemos as plantas

CLIC-COÑECEMOS AS PLANTAS 













XOGA A FACER  UN TERRARIO CON AXUDA DOS TEUS PAIS!

PARA FACER O TERRARIO PRECISAS TER UN RECIPIENTE TRANSPARENTE DE CRISTAL.
PIDE AXUDA E ... PON MANS A OBRA: 
"CUBRE O FONDO CUNHA POUCA DE GRAVA OU  CAPA DE PEDRAS PEQUENAS. 
DESPOIS ENGADES ENTRE 5 E 7 CM DE TERRA.
 LOGO COLOCA ALGUNHAS PLANTAS PEQUENAS PARA PLANIFICAR A SÚA COMPOSICIÓN. PROCURA QUE ESTAS REQUIRAN DO MESMO COIDADO COMO A CANTIDADE DE HUMIDADE PARA QUE O TERRARIO PROSPERE . LOGO COLOCA O TERRARIO NUN LUGAR CON LUZ INDIRECTA, XA QUE O SOL AS PODE QUEIMAR DOADAMENTE. 
CUN ATOMIZADOR REGA AS PLANTAS E A TERRA. CONSERVA O TERRARIO CON SUFICIENTE HUMIDADE PARA QUE PROSPERE.
 E ...A CONTEMPLAR A TÚA OBRA DE ARTE.

Os nosos terrarios van pouquiño a pouco medrando!