Free Dot2 Lefty - Pointer 1 Cursors at www.totallyfreecursors.com

28/06/13

DOS CASULOS XA SAIRON BOLBORETAS!!


OLAAAAAAA!!! 
CÓMO VAN ESAS VACACIÓNS, NEN@S?

POIS  EU TEÑO UNHA BOA NOTICIA PARA VÓS...COMO EU QUEDEI GARDANDO A NOSA CLASE O LUNS HABÍA UNHA BOLBORETA QUE SAIRA DO ÚNICO CASULO QUE DEIXASTEDES.
SE MIRADES A FOTO PODEDES CONTEMPLALA .
MIRADE, MIRADE COMO É...PELUDIÑA, PEQUERRECHA...
E TAMÉN SEI QUE DO CASULO DE LÚA XA SAIU A BOLBORETA  , XA QUE ME MANDOU A SEGUINTE MENSAXE Ó MEU CORREO:
"Hola María, o martes a noite eclosionou o verme  e saiu unha bolboreta branca e peludiña, quereme moito e cando cheguemos a Ourense mandamosche unha foto"
GRACIAS LÚA

E esta é a foto da bolboreta de Lúa:

Dime Lúa o seguinte:" María, eu xa sei un nome:
 Branquiña 2º"
Que nome máis bonitiño!!!
Queda nomeada!!!
Boas vacacións


24/06/13

Fin de Curso e de Ciclo

Para vós...que estades aprendendo a VIVIR ...

Recordade sempre que todo é posible,

hai que intentalo!

BICOS 

a "profe"MARÍA

11/06/13

O TEMPO PASA...

COMO PASA O TEMPO QUERIDOS NEN@S.
SE MIRADES AS IMAXES VEREDES QUE XA SONDES MAIORES..,
XA PROMOCIONADES PARA O 2º CICLO!!!
UFFFFFFFFFFFFFF!!!!

E COMO O CURSO VAI CHEGANDO Ó SEU FIN, POIS VAI UNHA DE...

 ESA BANDADA...?

"NA CLASE DA PROFE MARÍA, 
HAI UNHA BANDADA ESTUPENDA.
GÚSTALLE DEBUXAR, IMAXINAR E CONTAR LENDAS,
E TAMÉN ESCRIBIR  NA AXENDA,
AS SÚAS  RIMAS E DEMAIS "REPRENDAS".
 QUE BANDADA TAN TREMENDA! "


10/06/13

O bloguesquio Peón de Prata!


O bloguesquio da biblioteca do Ceip "Saco e Arce" de Toén, foi nomeado PEÓN de PRATA nos premios Espiral Edublogs
Foi o  segundo mellor blog de toda España... e parte do estranxeiro... 
NORABOA a CARMEN a coordinadora da nosa biblio e 
tamén a tod@s os alumn@s .










04/06/13

Excursión a Marcelle

Excursión a Marcelle

Noticia, noticia..."bla,bla"

Esta mañá ao chegar ao cole tivemos unha gran sorpresa: un dos nosos vermes de seda fixo o seu casulo!!!

...e din que o casulo do verme da seda consta dunha febra que mide máis de mil metros!!!


E hoxe día 5 de Xuño ...xa van tres casulos!!!Como medran !!!



Ja,ja,ja...mira profe como "encasulan"