Free Dot2 Lefty - Pointer 1 Cursors at www.totallyfreecursors.com

19/05/14

LETRAS GALEGAS 2014

Cada 17 de maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.

 A  nosa escola agasallou a nosa lingua este ano facendo unha gran festa popular, na que NÓS participamos bailando, cantando  e tamén rapeando...Van os  vídeos da troulada  e  unha mostra do guap@s que "lucimos" coa vestimenta tradicional galega.      Saúdos a tod@s.








Para ver máis. Enlace: blog esquío da nosa biblioteca

Arte Rupestre na escola


Desde cando pintan as persoas?

05/05/14

Aula Virtual





     OLAAAAAAAAA, a tod@s !!!!!

Espero que despois de mirar atentamente esta foto sexades capaces de relatar unha pequena historia .
Así comenzaría:

"Contan que nun país afastado vivían  uns nen@s que  ..."

LÚA:

"Facían unha festa cada noite e facían tanto ruído que os marciáns bailaban. Un día un dos nenos púxose enfermo e a festa non soou. Os marcians baixaron a ver o que pasaba e coa sua maxia curaron ó neno. Esa noite montaron a festa máis grande de todas".

FANI:

"...non podían ir a escola porque no lugar onde eles vivián non había ninguna.
A medida quoe os rapaces ían medrando as súas nais falabánlles do importante que era aprender e de que os nenos fosen a un colexo, e un día aos rapaces déuselles por preguntar que porque eles non ían a unha escola se era tan importante como elas dicían; e as nais que non sabían que responder decidiron reunirse todas un día para pedirlle ao Concello de Toén un colexo onde os nenos e nenas da zona poideran ir estudar alí, pero o Concello non aceptou.
Despois de varios días de reflexión as nais e pais decidiron facer unha folga, a que acudiu todo o pobo xa que todos tiñan fillos e estaban pasando pola mesma situación.

A folga comezou as sete da mañá e como eran as dez da noite e aínda non rematara o Concello deceu e ao cabo de case un ano os rapaces forn a escola e aprenderon moitas cousas".   

IRENE :

"...eran un pouco loucos ,cada día facían unha cousa diferente e moi rara. Hoxe van a lúa en bicicleta. Eles van moi guapos, uns levan vestidos, outros camisetas, pantalóns e por suposto  levan mochilas de viaxe. Con que se atoparan ao chegar? 

Atopáronse con estrelas,constelacións,planetas,e como non coa maravillosa lúa ¡era inmensa! De repente apareceron  uns marciáns, rodearon a lúa e non lles deixaban pasar ¡eses eran os marciáns guerreiros ! A os nenos non lles importou porque podían saltar  por encima destes coas súas bicicletas. Pola noite foron a ver a Plutón, aínda vendo dende cerca era coma unha canica.Máis tarde voveron ao  planeta terra pero...en vez de aterrizar en Ourense aterrizaron no Brasil .¡Ese mesmo día celebrábase o mundial de fútbol! Todos se  se quedaran a velo. Cando regresaron as súas casas contaronllo todo as súas familias.Cando dormían seguían soñando con ese longo e divertido viaxe.   

CLARA:

"Contan que nun país afastado vivían  uns nenos que eran moi amigos e sempre xogaban xuntos, ata que un día de chuvia e de moito vento apareceu un tornado moi grande e todos e cada un deles se separaron, pasaron meses chamándose uns a os outros e facendo fogatas de socorro, e dous dos nenos chamados Saúl e Candela atopáronse e empezaron a buscar axuda , mentres que os outros nenos chamados Lucia,Fani,Hugo,Damian,Clara,Sofía,Irene,Ainoa,Lúa,Jose,Julio e Icía seguíanse buscando uns a outros desperanzados. Cando se deron de conta de que cada un deles estaba por o seu propio lado empezaron a facer os seus propios fogares e tamén empezaron a buscar alimentos ,como por exemplo as froitas. Un día todos os nenos sairon a coller froitos e iban a por o aguacate,  menos Lucía que tiña un pouco de medo e era sensible, e so colleu uns cocos que había delante da casiña de bambú  que fixo ela ,mentres que os outrosxa se encontraran .Saúl e Candela encontraron axuda e empezaron a buscar aos outros nenos que estaban perdidos ,pasaron dúas semanas e por fin Candela e Saúl encontraron aos outros nenos,  menos a Lucía que por fin saiu da sua casiña e a encontraron ,e todos volveron a estar coas súas familias e xuntos para sempre .

Sofía:

"Contan que nun país afastado vivían uns nenos que estaban estudando a prehistoria, a idade antiga,a idade media,a idade moderna e a contempóranea, nun colexio que tiña moitos anos. Un día un dos nenos chamado Jose, non quixo ir o colexio por que una nena chamada Lucía, contou una historia de castelos encantados que daba moito medo. Os outros nenos ríronse, pero o que non sabían todos era que o colexio tamén estaba encantado. Na clase as cousas flotaban por todas partes. Os compañeiros que se burlaron de él, colleron moitísimo medo, pero o que non sabían era que esas bromas facíanas Sofía, Candela e Icía.   
                                     
HUGO

"Contan que nun país afastado vivían uns nenos que sempre estaban xuntos. E xogaban a o futbol, jokei, e moitos xogos mais. 

Un día ocurriuselle a un neno chamado Saul un novo xogo, que consistía en meter un balón dentro de unha canasta co pe, e despois intentar metela con outras partes do corpo menos cas mans.

Todos os demais nenos decían que ese xogo era aburrido menos sete nenos que se chamaban, Damian, Julio, Jose, Lua, Lucía, Icia e Hugo por que a eles lle gustaba xogar ao futbol e o baloncesto, e dicían que era unha moi boa combinación entre deportes co balón. 

Os nenos decidiron empezar a xogar, e os que lles había parecido aburrido viron como xogaban e deronse conta de que era unha idea xenial e moi divertida, despois todos xogaron xuntos pasando fenomenal.
Dende aquel día toda a xente que ten balón xoga a ese deporte q Saul chamoulle BOLCESTO. Enton Saul foi un neno prodixio inventor de deportes, e os seus amigos decían q eran moi afortunafos por ter un amigo tan bo e intelixente.
Asi toda a xente coñeceu aquel pais afastado chamado Deport York".


DAMIÁN:

 "No ano 1493 d.C., 14 nenos chamados :Saúl, Julio, Jose, Hugo, Icía, Candela, Sofía, Irene, Lúa, Lucía, Ainhoa, Clara, Fani e Damián foron descubrir  Austalia , pero de repente un Demo de Tasmania, colleu a 7 nenos, e os deixou en Chile.
Julio, Candela, Lucía, Clara, Jose, Hugo e Sofía estaban en Australia, e os demais en Chile.
Como onde vivían era en España, tiveron que ir uns dende Chile e os outros dende Australia. Os que sairon dende Australia, tiveron que recorrer: Indonesia, Malasia, Thailandia, Burma, India, Bangladesh, Pakistan, Iran, Armenia, Turquía, Grecia, Albania, Bosnia, Croacia, Italia, Francia, e porfín España. E os que sairon dende Chile tiveron que recorrer: Perú, Brasil, Ecuador, Colombia, Panamá, Costa Rica, El Salvador, Guatemala, México, EEUU, Canadá, Groenlandia, Noruega, Finlandia, Estonia, Rusia, Ucrania, Rumanía, Hungría, Eslovenia, Austria, Suíza, Francia e por fin España.
Cando se encontraron os 14 nenos alegráronse moito.  Cando os seus pais os viron, como os botaban tanto de menos, quixéronlle regalar  un can , e chamáronlle Limón.
Ao seguinte día os nenos contáronlle ós seus pais todo o que lle ocorrera. Aos de Australia, na India atopáronse un canguro que lle preguntou por onde se ía a Australia, entón os nenos dixéronlle como ir. En Turquía encontraron un fósil que sería prehistórico. E a outra cousa ocorreu en Italia, que foi que case se lle cae encima a torre de Pizza.
Os nenos que foran a Chile non lle contaron nada a ninguén porque era un segredo.
E colorín, colorado, este conto non se sabe se está rematado".