04/07/19

Finalizado un ciclo

A PARTIRES DESTE CURSO DEIXAMOS DE PUBLICAR NESTE BLOGUE. 
FINALIZA UN CICLO DE OITOS ANOS... GRAZAS A TODXS OS ALUMNXS QUE PARTICIPARON NESTA XANELA E QUE FORON OS QUE ME ENSINARON COMO SER PERSOA . 
VÉMONOS NO CAMIÑO DA VIDA.

TAMÉN UNHA APERTA PARA TODXS OS COMPAÑEIRXS QUE ME AXUDARON A SER MELLOR MESTRA E ME SINALARON O CAMIÑO .

GRAZAS.

MARÍA

21/06/19

4º EP- CURSO 2018/19


CHEGAN AS VACACIÓNS E CON ELAS O FINAL DO CURSO.DISFRUTADE MOITO DO VERÁN E PARA O PRÓXIMO CURSO UN NOVO COMENZO PARA TODXS. FOI UN PRACER ESTAR CONVOSCO E SEMPRE ME ATOPAREDES NO CAMIÑO DISPOSTA PARA VÓS.BIQUIÑOS PARA TODXS!



13/06/19

Obradoiro de Cine

10/06/19

MARUXA, A NOSA CURTA

Nós tamén creamos 2019

ESTA É A NOSA CURTA: MARUXA
ELABORADA CÓS COMPAÑEIROS DE E.P DOS CURSOS DE 2º, 3º E NÓS, OS DE 4º
PREME: MARUXA


21/05/19

Romaría das Letras Galegas 2019


A celebración da Romaría das Letras Galegas xa é tradicional na nosa escola, e  enmárcase dentro do proxecto de posta en valor da nosa lingua e tradicións  entre toda a  comunidade educativa, como un elemento de unión , relación e diversión. Disfrutemos pois da lingua e da creatividade dos alumnos de 4°.

PARODIA: "A CABEZA NON PARA"


BAILE: O POUSA



19/05/19

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria realizaron esta semana un obradoiro de primeiros auxilios a cargo de varias técnicas de emerxencias sanitarias e traballadoras  do Sergas. Nel aprenderon diversas cousas como:
- Chamar ao 112 en caso de calquera emerxencia.
- Colocar a unha persoa na postura de seguridade.
- A maniobra de Heimlich.
- Manobra de reanimación cos seus compañeiros.
- Practicar a RCP.

Agora xa podemos estar seguros con eles no cole!! 


18/05/19

Nós con Braulio Tuber

Braulio Tuber

CEIP Saco e Arce de Toén

Alumnos e alumnas de 3 e 4 de E. Primaria


"Os traballos no campo"


Preme para ver o vídeo: tvg/Braulio-Tuber








26/04/19

Nós tamén creamos: MAKING OF DA CURTA " MARUXA"



Do conto á curta. A dinamización do galego a través da creación audiovisual

Resultado de imaxes para cine gif animadoPROXECTO DE TRABALLO:

Curtametraxe audiovisual coa técnica do stop motion 


TRABALLO COLABORATIVO DOS ALUMNOS DE 2º, 3º E 4º DE E.P. DO CEIP SACO E ARCE DE TOÉN


   "Nós tamén creamos!" é un programa de promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ás aulas. 

Seguimos durante este curso 2018/19 traballando sobre o cinema, pero dende outra perspectiva: queremos aprender a facer CURTAMETRAXES e para elo estamos aprendendo a crear un guión, diálogos, secuencias e escenas, decorados, personaxes, iluminación... Neste vídeo veredes como vai tomando forma o noso proxecto da curta na que andamos moi , moi atarefados todos nós... tanto que todo é curtametraxe , gravacións , decorados... Cando rematemos xa publicaremos a nosa curtametraxe de animación coa técnica de animación stop motion. Agora publicamos un video de como vai o proceso de creación ou making of.  Xa case o temos rematado.


27/03/19

TRABALLANDO COAS NOTICIAS

ESTE CURSO NÓS SEREMOS UNS XORNALISTAS DE PRIMEIRA. PARTICIPAMOS NO CONCURSO " MELLOR XORNALISTA XUVENIL" DA VOZ DE GALICIA.
BASEÁNDONOS NUNHA NOTICIA IMPRESA NO DIARIO ,NÓS FIXEMOS DESA NOTICIA  UNHA PROPIA.
ESCRIBIR BEN É A NOSA MÁXIMA PREOCUPACIÓN, XA QUE UTILIZANDO UNHA BOA ORTOGRAFÍA E GRAFÍA A NOSA MENSAXE CHEGARÁ A TODOS OS QUE NOS QUEIRAN LER.
AHÍ VAN AS NOSAS MOI TRABALLADAS  NOTICIAS.









12/03/19

Traballando cós xornais


Imaxe relacionada


Durante a semana da prensa, nós estamos aprendendo a  ser uns bos xornalistas e claro ,comezamos por familiarizarnos coa lectura e manexo dos xornais.


Despois de familiarizarnos cós xornais ,fixemos unha actividade de intentar crear uns titulares interesantes coas palabras e títulos que veñen nos xornais. Sabemos que os titulares son a carta de presentación dunha noticia e que  pretenden que o lector se entere pronto e con claridade da noticia, ademais de motivar a lela.



Imaxe relacionada