28/02/13

De NÓS para ROSALÍA

24 de febreiro 

150 aniversario de Cantares Gallegos

Homenaxe a Rosalía de Castro 




O vídeo foi realizado pola profe Sali (ela sempre tan disposta a colaborar con nós) e nós tivemos que preparar a poesía e inventar a nosa pequerrechiña  contribución a esta data . Esperamos que vos guste!!!

Escuchamos las tablas de Multiplicar del 1 al 10




Vamos a repasar las tablas de multiplicar....venga chic@ mucho ánimo y con ganas.

¿Vale?



27/02/13

AS ÁRBORES

Ola nen@s, este mes de FEBREIRO e o de MARZO  imos adicalo a COÑECER AS ÁRBORES  que abunda na nosa contorna. 

 



 O Carballo
É unha árbore máxica e lexendaria. A máis grande, a máis forte,din que é a árbore dos deuses, xa que segundo os celtas tódalas xuntanzas importantes, debían ter lugar baixo dun carballo. 
En Galicia o carballo é a árbore  que máis abunda.
Son árbores de ata 30 ou 35 metros de alto, teñen grandes diámetros e copa globosa e non moi densa. As raíces son moi penetrantes e profundas.
Son árbores de folla caduca e as follas son lobuladas ( con entrantes e saíntes), como a que tendes na imaxe.






O PIÑEIRO

Mide ata 30 metros de alto.
Trátase dunha arbore naturalizada en Galicia.
É unha árbore de folla perenne.

Dende logo hai moitos tipos de pinos en Galicia, este é o que máis se atopa. Por suposto da os piñóns.
A súa madeira non é de moita calidade, pero pódese emplear perfecta
mente na construcción e outras cousa como mobles.


EL BOSQUE ANIMADO

26/02/13

Coñecemento do Medio

Cando o vento sopra forte ,no outono ou no inverno, moitas árbores quedan sen follas, estes son árbores  de folla caduca como son o castiñeiro, a pereira,a maceira,o carballo,etc. Son árbores  que perden as súas follas durante o outono e no inverno e quedan sen elas.

 Non obstante,   outas árbores teñen follas todo o ano, denomínanse árbores de folla perenne (como o piñeiro, o abeto...), e aínda que lle caen, nunca teñen as súas ramas nús , sempre teñen folla.


As follas son as partes verdes. 

Nelas as plantas fabrican o seu propio alimento.

O piñeiro é unha árbore de folla perenne.


A laranxeira é unha árbore de folla  caduca





TIPOS DE FOLLAS

As follas de cada planta teñen unha forma e un bordo ( bordes) característico:


22/02/13

LER FERMOSOS CONTOS

E xa que chega un fin de semana frío e chuvioso o mellor é:

LER FERMOSOS CONTOS   

... de historias fantásticas e prodixiosas,

de feros dragóns e damas fermosas,

de ousados piratas, de astutos ladróns,

de elefantes arriscados, tigres e leóns

e un pouquiño de poesía

da nosa Rosalía

coas súas palabriñas mimosas e sentidas!

Para ser pensados o u pensar!

Para ser disfrutados ou xogar!

Para inventar, para pensar e soñar!!!



Bicos 

http://lecturanarede.blogspot.com.es/

 Lectura na rede


20/02/13

24 DE FEBREIRO: RECORDANDO A ROSALÍA

CONMEMORACIÓN DOS 150 ANOS  DE CANTARES GALEGOS


PARA CONMEMORAR ESTA DATA NÓS ESTAMOS A TRABALLAR O  POEMA   III ,que fala da nosa terriña galega!

     Lugar máis hermoso

non houbo na terra

que aquel que  eu miraba,

que aquel  que me dera.

     Lugar mais hermoso

no mundo n' hachara,

que  aquel de Galicia, 

¡Galicia encantada!

     ¡Galicia frolida!

Cal ela ningunha,

de froles cuberta,

cuberta de espumas.

     De espumas que o mare

con pelras gomita,

de froles que nacen

ó pé das fontiñas.

     De valles tan fondos,

tan verdes, tan frescos,

que as penas se calman

nomáis que con velos.

     Que os ánxeles neles

dormidos se quedan,

xa en forma de pombas,

xa en forma de niebras.



****XA IREMOS NOS PRÓXIMOS DÍAS PRENSENTÁNDOVOS OS NOSOS TRABALLOS. ESTAMOS A TRABALLAR NO POEMA PARA CONMEMORAR ESTE EVENTO TAN ESPECIAL!!!! TEMOS MOITO QUE PENSAR E FACER...!


16/02/13

MANIFESTO DA PAZ DOS ALUMN@S DO CEIP "Saco e Arce" de Toén



   
CON UN POUCO DE RETRASO VAI O VIDEO DO MANIFESTO POLA PAZ. 
ESTE ANO ANDIVEMOS MOI  ATAREFADOS, XA QUE SE NOS XUNTARON AS DATAS DA PAZ E DO ENTROIDO E ENTÓN  TIVEMOS QUE TRABALLAR A RITMO "FRENÉTICO".
O NOSO MANIFESTO FOI FEITO CON MOITO ENTUSIASMO.
ESPERAMOS VOS GUSTE!!!



15/02/13

Mañá deportiva no noso colexio

Nós practicamos deporte en EQUIPO.  Onte pola mañá disputamos un partido de fútbol no patio do  cole contra os nen@s do Ramirás. O futbol é un dos deportes favoritos de case tod@s nós e o pasamos XENIAL!!!
Di a profe que é importante facer estiramentos antes e despois de facer deporte e que tamén debemos saber cumprir as normas e respectar aos contrincantes.
GAÑAMOS O PARTIDO!
Que ALEGRÍA!
...PERO O MÁIS IMPORTANTE FOI PARTICIPAR E FACER NOVOS AMIG@S!!
QUE BO É FACER DEPORTE!!!



08/02/13

Entroido


QUE BO ENTROIDO!!!



OS CICLISTAS DE TOÉN DE TROULADA... E ...a pedais!!!


                                    LÚA

Icía
JULIO
IRENE
Lucía
SAÚL
AINHOA
JOSÉ VIDAL
IVÁN
SOFÍA

CANDELA
BAILANDO O TEMA CREADO POR SALI...IMOS A XOGAR!!!



E para rematar o video "IMOS A GAÑAR", ideado pola profe Sali e coa participación de todo o colexio!!!



07/02/13

XOVES DE COMADRES

No Ceip "Saco e Arce" de Toén hoxe , xoves día 7 de febreiro, CELEBROUSE o XOVES de COMADRES, un dos eventos máis tradicionais das festas do entroido OURENSANO.
Con este motivo, houbo regueifas e loitas tradicionais moi disputadas... desenrolando  unha simbólica guerra de sexos!!!

 PREPARADOS , LISTOS.....


AS COMADRES SON NOSAS, non nos as ides quitarrrrrrrrrr!!! 


A correr toca....saquémoslle aos nenos as comadres!!!






Mirade....xa lles quitamos algunha COMADRE!!!

MENUDA LIORTA OU REGUEIFA...!!!   




 Sí,sí....XA son nosas!!

Sondes unhas CAMPEONASSSSSSSSSSSS!!!

O PRÓXIMO ANO.....MÁIS!