25/04/17




LEMBRANDO A HISTORIA PARA MANTER VIVA A NOSA LINGUA.
IV Premios Estatuto de Autonomía, que este ano levaba por lema "A nosa lingua ", en referencia ao artigo 5 do texto. 

A clase de 5º de primaria da nosa escola resultou premiada có traballo de Candela. Os nenos e nenas de 5º dedicaron o seu tempo a reflexionar   sobre a nosa lingua, a falala e a darlle a importancia que ten. Nós dicimos : “Non podemos estar  máis orgullosos de ter unha lingua que nace aquí e, que é nosa e de ninguén máis”

02/04/17

Día da árbore




21 de marzo: DÍA DA ARBORE


Apadriñar  unha árbore é un proxecto da nosa escola para conmemorar o día da árbore e da auga. Queremos  facer conscientes aos nosos alumn@s de  coidar e protexer as árbores , como fonte de riqueza paisaxística, natural, cultural, social e económica.



 Poesía para un  Carballo-5º EP :

  Carballo rexo,e potente,
calado ou musical: 
loitas como valente
coa choiva e a neve.

Carballo verdeado
solemne e centenario
estás aí plantado
ollando o calendario.

O Carballo , carballeiro,
ten forza de xigante,
coas súas follas ao vento
anda él tan contento.


VÍDEO