23/11/13


A función de relación dos seres vivos.

Quen nos axuda a captar toda a información que nos rodea e a tomar decisións sobre que facer?



A resposta é: O sistema nervioso e os sentidos (vista, odio, gusto, olfacto e tacto). 


Hoxe imos ver como funciona
  O SISTEMA NERVIOSO.
O Sistema Nervioso é o conxunto de órganos que dirixe todos os aparatos do noso corpo. O Sistema Nervioso controla e manda en todo o que pasa dentro de nós. Tamén, grazas a el sabemos o que pasa a noso arredor.

O Sistema Nervioso ten tres partes:

1. -O encéfalo, situado na cabeza e é o que ordena a todas as partes do corpo o que teñen que facer.

2. -A medula espiñal, que é como un cordón branco que está dentro da columna vertebral.

3. -Os nervios, que saen da medula espiñal a todos os sitios do noso corpo.

Os nervios e a medula espiñal conducen a información do encéfalo ao resto do corpo e ao revés.

Os nervios e a medula espiñal están formados por moitas células unidas como unha cadea. Estas células chámanse neuronas.


O sistema nervioso fai tres cousas:

1.- O sistema nervioso é capaz de sentir o que pasa fóra e dentro do corpo.

2.- O sistema nervioso estuda a sensación que lle chega de fóra, a garda e toma unha decisión.

3. -O sistema nervioso responde con movemento as decisións que toma.

ANDAAAA... É O MESMO QUE A FUNCIÓN DE RELACIÓN!

Investiga:si hoxe te pos a bailar ou a saltar á comba , que partes do teu corpo están a funcionar???




Bo fin de semana mentalistas
María

21/11/13

Coñecemos, Aprendemos...Viaxamos!

A volta ao mundo con Efrén

DESTINO...BRASIL!
Ola a tod@s! 
Este ano imos de viaxe polo mundo con Efrén e todo o colexio está implicado no proxecto...e dixo a profe que nós tiñamos que elexir un pais para viaxar e percorrer o mundo, para coñecer outras culturas afastadas de nós  pero cada vez máis próximas, pois o mundo é unha pequena aldea global onde hai un  mosaico de razas, crenzas e costumes diferentes...pero tamén parecidas a nós.
Coñecer para aprender e respectar os que son diferentes!


Despois de moito deliberar decidimos que o noso destino sería   BRASIL.


Puxémonos a INVESTIGAR e xa coñecemos moitas cousas:

Xa sabemos  que practican un arte marcial que se chama Capoeira  que combina baile, música  e acrobacias.



-----------------------------------------------------------------------


--------------------------------------------------------------------









Tamén coñecemos a mascota do Mundial de Brasil 2014 chamarase "Fuleco", nome que resultou gañador nunha votación popular, na que participaron máis de 1,7 millóns de persoas e recibiu o 48 por cento dos votos.

E un  armadillo, bautizado por votación popular polo termo que combina fútbol e ecoloxía.

-----------------------------------------------------------------------

E a música (Aquarela de Toquinho) ...NÓS  TAMÉN QUEREMOS DESEÑAR UN GRAN SOL AMARELO!




------------------------------------------------------------------------------------------------------

SEGUIREMOS COA NOSA INVESTIGACIÓN!!!

...pero polo momento ahí van os nosos comenzos con este proxecto!




13/11/13

FAI MOITO, MOITO, PERO QUE MOITO TEMPO...

OLA MENTALISTAS!

HOXE TIVEMOS UNHA GRAN DÚVIDA E TAMÉN UNHA PEQUENA DISPUTA SOBRE A ORIXE DA HUMANIDADE E DA VIDA... É QUE  O TEMA É COMPLICADO!

POIS IMOS VER ESTE VIDEO QUE PASO A PASO NOS CONTA AS ETAPAS DA EVOLUCIÓN DENDE O NACEMENTO DA TERRA, A APARICIÓN DOS PRIMEIROS ORGANISMOS UNICELULARES, A TRANSFORMACIÓN DAS FORMAS DE VIDA ACUÁTICAS EN TERRESTRES, OS PRIMEIROS MAMÍFEROS... ONDE TODOS OS SERES VIVOS EVOLUCIONAN DOUTRO SER ANTERIOR E ESTE Á SÚA VEZ DOUTRO, FORMANDO ASÍ A GRAN CADEA ANIMAL E AS SÚAS DIFERENTES ESPECIES ATA CHEGAR Á APARICIÓN DO HOME.

12/11/13

A función de relación

Mentalistas!
Esta semana comenzaremos a  traballar  a función de relación.  Aquí tendes unha páxina moi interesante coa que imos traballar na clase. Botádelle unha ollada!


e... recordade que  as funcións vitais dos seres vivos  son :

A función de Nutrición, a de Relación e a de Reprodución

Clic, Clic para entrar