TITORÍA



-    A Eficacia Da Aprendizaxe Por Proxectos


O aprender facendo ou por proxectos é algo difícil de poñer en práctica, sobre todo cando non se cre niso e séguese pensando que a memorización de contidos ou a repetición rutineira son os medios máis eficaces de aprender. Cando un alumno constrúe ou crea algo, non só está aprendendo as cuestións craves que se perseguen, senón que no camiño adquire outra serie de coñecementos e capacidades que ata non cabía esperar: procura de información, procesamento de datos, traballo en equipo, redacción, síntese, oralidad, etc. 



En calquera caso, esta especie de aprendizaxe por descubrimento non debe ser algo completamente aberto e espontáneo cando se integra no sistema educativo; un neno descobre infinidade de cousas e aprende moitas cando xoga na rúa, si é que quedan pícaros que aínda xoguen na rúa! Pero ese é un bagaxe lento que mellor non pretender controlar. Hai estudos recentes que demostraron que a eficacia da instrución directa nos procesos de ensino é superior á aprendizaxe por descubrimento cando estes aplícanse de forma aberta.
Hai dúas claves esenciais que xustifican a implantación total do "learning by doing" nos sistemas educativos máis avanzados: a aplicación estructurada destas metodoloxías e a incorporación das TIC como ferramentas facilitadoras da elaboración de produtos.
Un recente estudo deulle a volta á tortilla completamente, demostrado a maior eficiencia da aprendizaxe por descubrimento sobre a instrución directa, a condición de que se implante dunha forma programada, estructurada e contextualizada. En resumidas contas, si dámoslle ao alumnado unha proposta de traballo sen máis, probablemente os resultados sexan malos, pero si temos claros os obxectivos a conseguir, acompañamos da instrución directa cando sexa necesario, definimos ben o produto, apuntamos as estratexias para conseguilo, etc. entón os resultados serán moito mellores.
É posible que os alumnos teñan dificultades en despregar a creatividade necesaria, pero é que non nacen sabendo! As claves para conseguir enganchar aos nosos alumnos no traballo por proxectos: presentación de modelos, simulación previa e folla de ruta.


   REFLEXIONANDO:

 Traballar cos alumnos de xeito cooperativo

 É unha metodoloxía que me gusta e que é moi interesante para traballar cos nosos aumn@s.

Hai unhas cantas cousas que DESTACAREI:
  • Que a aprendizaxe cooperativa non é o mesmo que traballar en grupo. Non se trata simplemente de sentar os rapaces xuntos e poñelos a traballar. Hai moita pedagoxía e moito traballo docente detrás: planificación, secuencias didácticas,temporalización, multitude de estratexias, implicación do mestre, xerar documentos de traballo.
  • Non se trata de facer unha mesma cousa todos, se non de poñer traballo e organización para aprender entre todos, en servizo á "comunidade", recollendo sinerxías (os demais teñen algo que achegarme e podo aprender con eles), cooperando (apréndese mellor colaborando que competindo), promovendo o éxito de todos (hai mellor atención á diversidade que pensar que o éxito comunitario é o obxectivo, e que o fracaso dun compañeiro é o fracaso de todos? - a isto chámaselle en pedagoxía Interdependencia Positiva -, hai mellor xeito de dar oportunidades aos que habitualmente se quedan atrás porque as súas capacidades son diferentes ou a súa motivación hai tempo que languideceu?)...
  • Que a aprendizaxe cooperativa fomenta o aprender de xeito máis reflexivo, posto que invita a buscar os "porqués", os "cómos", os procesos, as causas e fins, e todo iso, en colaboración con outros. Baseándose máis en habilidades que en memorización de contidos.
  • Que o A.C. fomenta a comunicación entre os alumnos, as destrezas sociais, o sentimento de comunidade, a conversación, saber escoitar, aprender a negociar... A min paréceme moi potente. Está claro que o coñecemento mellora cando se comparte.             

 

 Xullo  2013

                             Trabajar por proyectos  por Ana Basterra

       Interesante slideshare sobre o traballo por proxectos nas aulas.






-ABRIL 2013
Reflexionemos xuntos

Gifs Animados - Imagenes Animadas
   A creatividade desenrola a imaxinación, a sensibilidade, a moativación , as gañas de experimentar libremente e de innovar, de elaborar, planificar, de xogar, de pensar...
   Axudemos aos nen@s a convertir as súas ideas en proxectos!!!

EDUCACIÓN EMOCIONAL


MARZO 2013

DINAMICA DE AUTOCONTROL PARA NEN@S



Para ensinar aos nenos o necesario autocontrol emocional, podemos explicarlles a emoción que sentimos cando nos estamos a enfadar co que pasa nun volcán.

Igual que a lava vai subindo e ao final o volcán explota, nós imos sentindo como a sensación de rabia vai subindo, vai subindo (o noso "volcán" estaría situado no estómago, e a lava vai subindo cara arriba).... 

E o mellor sería evitar que o volcán explotase, porque cando sae a lava do volcán o arrasa todo ao seu arredor, e cando nós nos enfadamos, os que están a nosos arredor sofren as consecuencias.

Para que a nosa lava non explote, temos que respirar profundamente e contar ata 10 despaciño: contamos 3 metendo o aire, 2 manténdonos sen respirar e 5 expulsando o aire lentamente.

FEBREIRO 2013

Entroido 2013. Gracias mamás pola vosa axuda!!!
Lucimos así de guap@s !!!






ORIENTACIÓN :    Los deberes

  • Establecer  un espacio adecuado para hacer los deberes. Asegúrese de que el niñ@ dispone de un lugar bien iluminado para hacer los deberes y de que tiene a mano el material escolar necesario (papel, lápices,bolígrafo…).
  • Establecer un horario regular para estudiar y hacer los deberes. Algunos niños trabajan mejor por la tarde, después de merendar y de un período de juego, mientras que otros prefieren esperar a después de la cena.
  • Reduzca al mínimo las distracciones. Esto engloba la televisión, los herman@s....
  • Asegúrese de que su hij@  hace su propio trabajo. No aprenderá nada si no piensa por sí mismo y comete sus propios errores.  Los padres deben  hacer sugerencias y dar indicaciones para orientar a sus hijos. Pero el aprendizaje debe estar en manos de los niñ@s.
  • Motiva y supervisa a tu hij@.  Pregunte a su hijo sobre las tareas escolares.  Apóyelo, revise que ha completado los deberes y trasmítale el mensaje de que puede acudir a usted cuando tenga preguntas o haya algo que le preocupe o no entienda.
  • Elogie su trabajo y su esfuerzo. Cuelgue en la nevera un trabajo artístico o una tarea escolar en  donde hizo un buen trabajo; valore su trabajo y esfuerzo…


XANEIRO 2013


O LEMA DESTE VINDEIRO ENTROIDO VAI SER :
 "DEPORTE A PEDAIS"



Pois o noso disfrace de ciclistas quedará máis ou menos así:


















NADAL 2012

COS MEUS MELLORES DESEXOS , BO NADAL PARA TODAS AS FAMILIAS !!!








E para vós queridos nen@s DESEXO que o voso sorriso sexa o mellor agasallo de nadal,
...e lembrade que pedir un libro sempre é unha boa cousa, xa que desperta o cerebro!!!

MOITÍSIMOS BIQUIÑOSSSSSSSSSS!
A profe María





MÉTODO DE TRABAllO


PARA REFLEXIONAR por estas datas de Nadal!!!!






...E XA QUE ANDAMOS TRABALLANDO COAS RECEITAS...VAI UNHA MOI

INTERESANTE!!!























 COMPETENCIA PARA...



NOVEMBRO 2012

Para reflexionar...




ANIMADE AOS VOSOS FILLOS A LER....XA QUE UN LIBRO ABERTO É UN CEREBRO QUE FALA E ÁBRELLES AS PORTAS DO MUNDO...


OUTUBRO 2012








SETEMBRO -2012


VOLTA AO COLE:  "Usemos frases de motivación positiva"



Alguhas frases positivas para o teu fillo/a

MOTIVACIÓN POSITIVA (frases ditas polos pais aos seus fillos) - ACTITUDE PROMOVIDA (nos fillos)

· Fuches capaz de facelo - Son capaz
· Moi ben. Eu sei que o farás - Son capaz
· Non dubido da túa boa intención - Son bo/boa
· Xan ten un alto concepto de ti - Xan é o meu amigo
· Se necesitas algo, pídemo - Amigo/a
· Sei que o fixeches sen querer - Non o repetirei
· Estou moi orgulloso de ti - Satisfacción
· Sabes que te quero moito - Amor
· Eu sei que es bo - Son bo/ boa
· Creo no que me dis, sei que o farás - Confianza
etc...



AGOSTO -2012





XUÑO-2012

Boas Vacacións para todos Vós





MAIO- 2012

             As habilidades para a vida


Gustaríame recordarvos a importancia de que os nen@s desenvolvan as destrezas psicosociais  necesarias  para formarse como   persoas competentes  e desenvolver así o seu potencial humano.

Estas son:

1. Autocoñecemento

Coñecer mellor o noso ser, carácter, fortalezas, oportunidades, actitudes, valores, gustos e desgustos. Coñecerse a si mesmo tamén significa construír sentidos acerca de nós mesmos, das demais persoas e do mundo en que vivimos.

2. Empatía

Porse na pel da outra persoa para comprendela mellor e responder de forma solidaria, de acordo coas circunstancias.

3. Comunicación asertiva

Expresar con claridade, e en forma apropiada ao contexto e a cultura, o que sente, pensa ou necesita.

4. Relacións interpersoais

Establecer e conservar relacións interpersoais significativas, así como ser capaz de terminar aquelas que impiden o crecemento persoal.

5. Toma de decisións

Avaliar distintas alternativas, tendo en conta necesidades, criterios e as consecuencias das decisións, non só na vida propia senón tamén na allea.

6. Solución de problemas e conflitos

Manexar os problemas e conflitos da vida diaria de forma flexible e creativa, identificando neles oportunidades de cambio e crecemento persoal e social.

7. Pensamento creativo

Usar a razón e a paixón (emocións, sentimentos, intuición, fantasías e instintos, entre outros) para ver as cousas desde perspectivas diferentes, que permitan inventar, crear e emprender con orixinalidade.

8. Pensamento crítico

Analizar con obxectividade experiencias e información e ser capaz de chegar a conclusións propias sobre a realidade. A persoa crítica pregúntase, investiga e non acepta as cousas en forma crédula.

9. Manexo de emocións e sentimentos

Propón aprender a navegar no mundo das emocións e sentimentos, logrando maior sintonía co propio mundo afectivo e o das demais persoas. Isto enriquece a vida persoal e as relacións interpersoais.

10. Manexo de tensións

Identificar oportunamente as fontes de tensión  na vida cotiá, saber recoñecer as súas distintas manifestacións e atopar xeitos para eliminalas ou contrarrestalas de xeito saudable.

Estas dez habilidades psicosociais non son materia nova. En certa forma son tan antigas como a propia humanidade, porque todas teñen que ver co xeito en que manexamos as relacións connosco mesmos, coas demais persoas e coa contorna social.


ANIMADE A LER AOS NEN@S

 DEZ PRINCIPIOS IMPRESCINDIBLES PARA SER UN BO LECTOR

  • 1. Todos os días, resérvate un rato para ler-  
  • 2.Busca calquera desculpa para que che lean e che conten contos-  3. Fíxate ben en cómo len as persoas maiores-   4.  Non te quedes con ningunha dúbida-   5.  Pide consello: aos teus pais, aos teus profes, aos teus hirmáns maiores...- 6.   Si che  apetece ler, le. Non te distraias con outras cousas-  7.  Visita a librería e a biblioteca máis próximas-  8.  Organiza ben  a túa biblioteca- 9. Pensa que as túas amigas, os teus amigos, son os mellores compañeiros de  lecturas -  10. Aproveita calquera ocasión para ler.






TRABALLANDO EN FAMILIA

Xa estamos no terceiro trimestre do curso e quería  propor  algunhas suxestións didácticas para que axudedes aos vosos fill@S na casa se o considerades  oportuno.
MATEMÁTICAS
·        Axudarlles a resolver problemas sinxelos da vida diaria nos que sexa preciso restar  ou sumar (para os de segundo tamén de multiplicar), empregando os algoritmos  correspondentes.
·        Facerlles pequenos ditados de números, e que rodeen de azul a cifra correspondente ás unidades e de vermello a que corresponde ás decenas (os alumn@s de 2º que traballen ademais coa centena).
·        Que ordenen números de maior a menor, de menor a maior, que conten de dez en dez, de cinco en cinco, que escriban os números anteriores e posteriores a un dado….
·        Axudarlles a que comprendan a linguaxe do reloxo e que a usen na vida diaria ( que debuxen un reloxo e que representen horas significativas para eles: a hora de cear, a hora de entrada ao colexio…)
LINGUAS
·        Que fagan lecturas na  casa en voz alta para que practiquen a pronunciación, entoación, o ritmo e as pausas de maneira axeitada.
·        Comprensión lectora.- Centren a atención dos nen@s nas imaxes das lecturas, pídanlles que falen do que nelas acontece e despois que fagan a lectura individual e que comenten o texto narrativo.
·        Que alonguen oracións, que completen una historia, que inventen una noticia, que escriban oracións de tres, catro, cinco…palabras, tanto na lingua escrita como na oral.
·        Facédelles pequenos ditados e procurade que se fixen nos erros que cometen.




NOTA para conmemorar as LETRAS GALEGAS
Para conmemorar o día das letras galegas, o 1º ciclo de primaría vai a facer una pequena posta en escea co seguinte título: “Un rap contado e un rock cantado”. Os nen@s deberán vir para ese día cunha vestimenta  que imite              aos “rokeiros”.

ABRIL.2012


TRABALLANDO EN FAMILIA
(Pequenas Suxestións Didácticas)



  • Recordénlles aos nen@s que, para resolver ben as súas actividades ou pequenos traballos, deben ler con ATENCIÓN os enunciados e que se fixen tamén nas imaxes que acompañan aos textos.
  • Animade aos vosos fill@s a que REVISEN os seus traballos escritos e que valoren se están limpos e ordenados na súa realización e que se afagan a reflexionar sobre a forma de cada letra e analizar os seus trazos.
  • Tamén deben  valorar  eles  por si mesmos o resultado do seu traballo e que miren se escribiron con letra lexible e se se adecuaron aos espazos.
  • Gustaríame que lle comenten  aos nen@s que se teñen  problema para resolver unha actividade, o mellor é pregunarlle a un adulto que teñan preto ( a mestra, aos pais...).Fáganlles ver que é normal ter dúbidas e que resolvelas é a mellor maneira de aprender.



PROPOSTA DIDÁCTICA:" ELABORAR UN CADERNO DE VIAXE"



Durante as vacacións  ou viaxes que fagades ,podedes elaborar  un pequeno CADERNO DE VIAXE cos vosos fill@s. 

Propoñede aos rapaces e rapazas rexistrar , debuxar , imaxinar  o itinerario da viaxe, anotar o nome dun lugar que lles chame especialmente á atención, ou  o  que fan e o que disfrutan cos xogos , coas visitas a museos, zoos...que facedes en  familia...

 Irán escribindo no seu caderno de viaxe o que lles aconteza.
O obxectivo é   poder gardar ou recoller  o que lles acontece, por se algún día pode chegar a ser do seu  interese...




Ideas para que os nen@s anoten as súas cousiñas:

  • Poden debuxar e escribir  o que levan na súa maleta.
  • Poden anotar os lugares por onde pasan e facer un pequeno itinerario ou plano.
  • Calendario de actividades. Anotarán o que fan cada día.
  • Sentimentos: Hoxe foi un día...cheo de ledicia, especial, de color...
  • Mapa de pensamentos: que che pasou hoxe pola túa cabeza?


TEMPO DE ENTROIDO

NOTA:

BENQUERIDOS PAIS E NAIS: 

CHEGA O ENTROIDO E O NOSO COLEXIO VAiNO ADICAR AO CIRCO, POLO QUE PRECISAREMOS DA VOSA COLABORACIÓN PARA FACER O NOSO  DISFRACE QUE VAI SER DE PALLASO NESTA OCASIÓN. CADA NEN@ DEBERÁ TRAER CON ANTERIORIDADE AO VENRES 17 DE FEBREIRO:- UN POLO, CAMISETA OU XERSEI DUNHA SOA COR.- UN PANTALÓN OU PIXAMA(PREFERIBLEMENTE QUE SEXA DE FLORES, LISTAS OU CADROS).-UNHA PELUCA E UN NARIZ DE PALLASO.-UNS CALCETÍNS ALTOS DE CORES VISTOSAS .P.D.- Xa vos avisarei para que vós cosades  os complementos, que basicamente van ser como os das fotografías.Moitas grazas 


As. A titora de 1º ciclo de Primaria
María








5 comentarios:

  1. GRACIAS MARÍA. UN SALUDO

    ResponderEliminar
  2. Ana Hermida18/03/13, 21:52

    María, !que blog más chulo! Menudo trabajo tienes aquí....¡Que suerte tienen tus alumnos/as, !
    Un besote .
    Tu compañera cañicera. Ana Hermida

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. GRACIÑAS ANA..CANTOS E BOS RECORDOS TEÑO. BICOS!!!

      Eliminar
  3. Estupendo blog

    ResponderEliminar