23/11/16

Robotic@s





Este curso estamos decidid@s a aprender coa Robótica. Empezamos por coñecer o que son as máquinas . Sabemos que son a base do progreso tecnolóxico e que os humanos creámolas para que nos axuden a facer diferentes actividades de forma máis sinxela, rápida e con menos esforzo.

Estamos aprendendo moito vocabulario relacionado con este tema, e sí , xa sabemos o que son as máquinas simples e as complexas. O noso "PEPE" polo momento é "simple"...pero xa se irá facendo máis complexo coa nosa axuda a medida que avance o curso e tamén os nosos coñecementos.

14/11/16

POETAS: MAGOSTO ROSMÓN!


AÍ VEN A CASTAÑA
CON GRAZA SEN PAR
CORRENDO LIXEIRA
A NOS ATOPAR!

NO MAGOSTO DO COLEXIO,
ASAMOS MOITAS CASTAÑAS
CAENSE TODAS AS FOLLAS
E PINTÁMONOS A CARA.

FACEMOS UNHA FOGATA
TAN GRANDE COMA UN CAMIÓN,
COMEMOS AO AIRE LIBRE
E XOGAMOS CO CARBÓN.

O MAGOSTO O CELEBRAMOS
NO COLEXIO DE TOEN,
ASAMOS AS CASTAÑAS
E AS COMEMOS CON EFRÉN

FACEMOS A FOGATA,
E XA TEMOS  AS CASTAÑAS.
COMEMOS UNHAS POUCAS
E CANTAMOS UNHAS SONATAS

FACEMOS UNHA FOGATA
E COLLEMOS O CARBÓN
PINTAMONOS A CARA
E XOGAMOS UN MONTÓN.

ENLARAFUZÁMONOS  A CARA ,
E NINGUÉN NOS REGAÑA,
GÚSTANOS MOITO,
PORQUE FACEMOS TRASNADAS.

PINTÁMONOS A CARA
QUE COUSA TAN RARA!
... NOS XA REMATAMOS
E AOS MESTRES EMBORROAMOS!

06/11/16

Samaín

  Tarefa: CONTAR EXPERIENCIAS

  • Ponlle un Título terrorífico.
  • Conta a túa experiencia dese día.
  • Relata de xeito ordenado o que fixeches ti para vir disfrazado á escola e explica que che pareceu a festa do colexio e os disfraces dos teus compañeir@s.
  • Planifica, escribe e revisa. 
  • Fíxate na ortografía e utiliza un vocabulario axeitado ao tema.






SAMAÍN  FANTÁSTICO


Autora: Aroa / 5º
O samaín foi unha experiencia fantástica, non só porque foi moi divertida, que tamén, pero sobretodo porque é unha tradición galega.Eu viñen disfrazada de Anabel, collín un camisón da miña nai, fíxenme unhas trenzas e un coitelo de cartón ensangrentado.A festa do colexio pareceume moi divertida! Os disfraces dos meus compañeiros parecéronme espectaculares, mellores que o meu, algúns nen@s que ían disfrazados de zombis creo que serían os mellores disfraces de todo o colexio e os demáis xenial.

O DÍA DO SAMAÍN NO COLE
Autora: Candela / 5º
Hoxe, o primeiro que fixen foi facer o meu disfrace:
"nena diabólica"
Collín un vestido que tiña ao máis fondo do meu armario, e púxenlle por debaixo unha camiseta de raias. Axiña acabei de almorzar, e logo fixen dúas coletas ben despeiteadas.
 Ao montar no transporte escolar, vin uns disfraces terroríficos que daban moito medo. Cando fixemos as filas no cole, coma sempre, a profe Sali asustounos a todos co seu magnífico disfrace. Despois cantamos a canción dos esqueletos. 
Ao rematar o recreo, limos todas as nosas apócemas, mentres que os profes botaban os ingredentes que cada un de nos dicía.
Acabado, probamos todos a asquerosa  e repugnante gran apócema.
Que ben o pasei este día!


👹A pandilla dos disfraces do Samaín

Autora: Zoe-5º
A min o día do Samaín no cole pareceume moi divertido porque na media mañá saímos a fora a ler a nosa poción a tod@s os nen@s e Mestres , e cando acabamos fixemos unha apócema que podíamos beber nós. Logo as profes estaban dando medo .Tamén me gustou  o postre porque  eran arañas de galletas oreo e regalices.
Eu para vir disfrazada de zombie tiven que coller uhna camiseta, romper unas medias e una falda . A miña nai levou moito traballo para cardarme o pelo e pintarmo cos espráis. Por último tiven que coller un flish que era sangre e botarmo pola roupa e polo pescozo.
A festa do colexio pareceume moi divertida e os disfraces dos meus compañeiros gustáronme moito porque eran moi orixinais  e tamen me gustaron os das profes.

...A FESTA DO SAMÍN DO COLE , ENCANTOUME!


O SAMAÍN EN TOÉN
Autor: Gabriel-5º
A miña experiencia nese día foi moi divertida e ao mesmo tempo terrorífica.
So tivemos unha hora de clase, o resto do día estivemos a celebrar o Samaín. Xa facía tempo que sabía de que ía ir disfrazado.
Cando chegou o día sinalado, a miña nai maquilloume e levoulle moito tempo.Deseguido púxenme o disfrace e marchei cara o colexio.
A festa que se celebrou na escola, foi unha festa das que xamáis olvidarei.
Paseino xenial, xa que xogamos todos xuntos, incluidos os mestres, ata a comida estaba relacionada co Samaín.
Os meus compañeiros tiñan uns disfraces moi aterradores. Había de todos os tipos: de zombies, de vampiros, de muñecos diabólicos...  Todos ían xenial.

Ese día foi dos meus preferidos.

UN DÍA, ESPELUZNANTE!


Autor: Xan - 5º

O día 28 de octubre do 2016, desperteime sobre as oito da mañá para pintarme a cara de branco e porme o meu disfrace de Slenderman: unha chaqueta de músico sen ombreiras, unha camiseta do día da bici dada a volta, unha corbata feita con feltro vermello e unas media recheas de algodón e cosidas a chaqueta. 

Aquel día fixemos fotos, xogamos cos disfraces e incluso bebemos unha desagradable e asquerosa pócema.

Os disfraces dos meus compañeiros gustáronme moito e parecía que estaban tan ben traballados coma o meu.

Ah, si! A comida foi extraordinariamente repugnante, puagh!  


                     A FESTA DO SAMAÌN

Autor:    Marcos de 5º
O dìa 28 de outubre foi a festa do SAMAÌN no colexio.
Ese dìa todos imos disfrazados de cousas TERRORÌFICAS como zombis,vampiros...
Eu fun de Jeison. Para conseguir o disfraz tiven que comprar unha màscara de porteiro de xockei ,despois fixen unha gadaña e por ùltimo collín unha sudadeira con capucha.
No colexio ian uns disfraces monstruosos e TERRORÌFICOS e moi ben feitos,e como todos os anos, e a profe Sali fixo o mellor disfraz.

                                                     
UN DÍA TERRORÍFICO
Autor: Hugo H.
A mín encantoume este día, por fin chegou o…SAMAÍN. O día 28 de Outubro do 2016 foi un día que nunca esquecerei!!!
Eu para vir disfrazado de “Van Helmot” (Caza vampiros) tiven que coller unha chaqueta vella do meu pai e recortarlle as mangas, despois busquei un sombreiro na maleta dos disfraces e un pano para o pescozo. Ao final, a miña nai, colleu un cinturón e púxolle un cartón con forma de balas por fóra.
Os disfraces dos meus compañeiros, encantáronme !!
Foron moi CREATIVOS.
Tamén me gustou moito a comida con forma de arañas.

Foi un día FASCINANTE !!!!


A FESTA DO SAMAÍN

AUTOR: HUGO G.
O día de Samaín é dos máis divertidos do ano. Todos fomos ao cole disfrazados e maquillados.
A profe Sali foi petando polas clases, abrindo as portas e facendo ruidos para que parecese terrorífico.
Cando celebramos esta tradición ,as cociñeiras sempre preparan una comida escalofriante, pero, a nós, parécenos moi divertido. Este ano había ovos de tarántula e de postre arañas de patas  vermellas.
Na festa que organizamos había desde mortos viventes ,vampiros , demos e moitos monstros.. Eu disfraceime de morto vivente e para iso tiben que:

1_  Pintei a cara de branco e uns retoques de vermello.
2_ Recortei una camiseta do meu pai para que parecerá  vella e rota.

3_ Por último pintei retoques na camiseta de vermello e o pelo de cor laranxa.