26/10/18

Apadriñamento lector

OS NENOS E NENAS DE 4º SON PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA NA ESCOLA.HOXE LERON  UN RATIÑO XUNTO AOS SEUS APADRIÑADOS E PUIDERON DISFRUTAR DAS LECTURAS COMPARTIDAS.
  Ler xuntos. Un placer! 
Poucas actividades tan esperadas como esta: a dos padriños e madriñas lectores. Emocionámonos cada ano cando percibimos o importante que é para o alumnado, a seriedade que poñen tanto na presentación, coma na escolla do libro, coma na execución... 

25/10/18

Día da biblioteca 20018

O Mago Paco ofrecéunos un espectáculo que  mesturou a risa con historias de cine e maxia. 

A nós gustounos e no vídeo van as nosas críticas oponións e tamén as imaxes  do espectáculo.



09/10/18

AUTOBIOGRAFÍA

ACTIVIDAD DE LENGUA CASTELLANA. Comenzamos un nuevo curso  recordando las fechas y los acontecimientos más  importantes de nuestras vidas.

QUÉ ES UNA AUTOBIOGRAFÍA
Una autobiografía es el relato de nuestra propia vida, contada por nosotros mismos/as. 
En la autobiografía nosotros  somos el protagonista y además  el narrador. Escribimos en 1º persona.
CÓMO ESCRIBIMOS NUESTRA AUTOBIOGRAFÍA

En nuestra autobiografía contamos las experiencias que vivimos y los recuerdos que dejaron los acontecimientos más importantes .
Para escribir nuestra autobiografía realizamos
un pequeño libro  con nuestras fotos más significativas y en él escribimos nuestras anécdotas y vivencias más importantes.
Nos pareció muy importante escribir sobre nuestra familia y sobre el colegio. Claro , ya que con la familia y en el cole son con los que más estamos y queremos.
 También escribimos sobre lo que más nos gusta, pero también sobre nuestras aficiones ,deportes favoritos, las comidas preferidas, etc.



26/09/18


BENVIDAS/OS AO NOVO CURSO ESCOLAR  2018-2019

4º E. Primaria

 Comenzamos con moita ilusión porque temos moitas cousas novas que aprender e compartir.
Haberá moitas sorpresas!

Luces, cámara e...acción!

O cine será o eixo motivador deste curso que temos por diante, pouco a pouco lograremos ser expertos directores e viaxaremos  coas experiencias que todos realizaremos, grandes e pequenos.
Todos e todas  aprenderemos uns dos outros.
 Intentaremos conxugar o divertimento co elemento educativo, coa finalidade de facer máis atractivo o ensino e, deste xeito, cumprir con maior eficacia o obxectivo perseguido. 

Moi bo curso para todos vós !

22/06/18

ATA SEMPRE

PROMOCIÓN 20009 / 20018


Boa sorte na nova etapa que iniciades.
 As portas quedan abertas!
A escola non remata nunca, aquí vos esperamos!
Grazas polos bos momentos vividos xuntos.
BICAZOS MOZOS/AS

23/02/18

ROSALÍA 2018/#AbrideAFiestra

#AbrideAFiestra

A nosa  apertura de vento fresco e xoven!

Alumnos 6º EP do Ceip Saco e Arce de Toén23/ febreiro 2018


María Reimóndez

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

#AbrideAFiestra
"Nun mundo de fiestras pechadas, buscamos o refacho de vento que as abra de vez. Nun mundo que busca facer as comunidades e as persoas máis pequenas, os cartos e a cobiza máis grandes, precisamos forza e profundidade, emoción e pensamento. Ante as fiestras pechadas contra a vida, contra as voces das mulleres, das desprazadas e das nosas outras cómprenos unha palabra firme e abranguente que nos guíe. No bater das fiestras que cheiran a couza do pasado, a mentiras que repetidas mil veces queren chegar a ser verdades, a fala que se nos rouba e aire que nos falta precisamos a bravura das mareas e o salvaxe das montañas. Precisamos todo do que falou e todo o que foi
Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos como literatas. Un refacho que trae a voz de todas as meniñas gaiteiras que están por chegar. Un refacho que canta a vida e transforma todo dende as raíces.
Mais para que o refacho entre, precisa da nosa vontade. Pídenos, imperiosa: Abride a fiestra!
E na nosa man está abrir a fiestra. Abrila para vermos a muller, a escritora, a irredutible. A voz que nos une ás rebeldes do mundo, que fascina coa súa luz por onde pasa, que nos ofrece a súa clarividencia para tecermos novas alianzas, a que sempre está do lado da xustiza, do noso lado, a que sempre está aínda por descubrir. Porque en todos os recunchos do mundo, mais sobre todo aquí, en Galicia, hai rosalías que cantan e que falan, alancando con brillantes e destemidas botas azuis entre a lama.
Rosalías que abrimos a fiestra saíndo á rúa contra o espolio da terra que ela cantou, ecolóxica antes de que existise nin o termo. Cada vez que nos negamos a seguir converténdonos en plantación de eucaliptos, minas, xeriátrico e mercadoría, reivindicando a paisaxe que ela utilizou politicamente coma ninguén. Cada vez que pulamos polo público, a sanidade, o transporte, as axudas a quen está na marxe e ela puxo sempre, dende o afecto e a transgresión, no centro. Cada vez que desfacemos o discurso que sustenta a violencia de tantos Pedros mediante a escrita e a acción feminista, contra todos eses que seguen ladrando mentres nosoutras camiñamos.
Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.
Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á redefinición do que a historia dos homes fixo de mulleres irreverentes coma ela.
Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por facer. Un mundo que se abre se o abrimos.

15/02/18

ENTROIDO DE CINE

            Os piratas do Caribe, versionado polos alumn@s de 6º de E. P



TEXTO DO MUSICAL

GALERÍA IMAXES