Amosando publicacións coa etiqueta Magosto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Magosto. Amosar todas as publicacións

14/11/16

POETAS: MAGOSTO ROSMÓN!


AÍ VEN A CASTAÑA
CON GRAZA SEN PAR
CORRENDO LIXEIRA
A NOS ATOPAR!

NO MAGOSTO DO COLEXIO,
ASAMOS MOITAS CASTAÑAS
CAENSE TODAS AS FOLLAS
E PINTÁMONOS A CARA.

FACEMOS UNHA FOGATA
TAN GRANDE COMA UN CAMIÓN,
COMEMOS AO AIRE LIBRE
E XOGAMOS CO CARBÓN.

O MAGOSTO O CELEBRAMOS
NO COLEXIO DE TOEN,
ASAMOS AS CASTAÑAS
E AS COMEMOS CON EFRÉN

FACEMOS A FOGATA,
E XA TEMOS  AS CASTAÑAS.
COMEMOS UNHAS POUCAS
E CANTAMOS UNHAS SONATAS

FACEMOS UNHA FOGATA
E COLLEMOS O CARBÓN
PINTAMONOS A CARA
E XOGAMOS UN MONTÓN.

ENLARAFUZÁMONOS  A CARA ,
E NINGUÉN NOS REGAÑA,
GÚSTANOS MOITO,
PORQUE FACEMOS TRASNADAS.

PINTÁMONOS A CARA
QUE COUSA TAN RARA!
... NOS XA REMATAMOS
E AOS MESTRES EMBORROAMOS!

06/11/11

O MAGOSTO... 
 ( No mes de Novembro, a castaña recupera a importancia
nas escolas galegas para celebrar unha festa popular moi
 arraigada.Nestes días réndeselle culto, é o Magosto.)
A castaña e o ourizo
Cantamos???


“O magosto do meu cole

é particular,

ásanse as castañas

como nos demais.


Estoupate!

E vólvete estoupar!

Fai moito exercicio,

para comer máis!


Hache, i, iota, ka,

ele, eme, ene ,a

que se ti , non ás queres

outro neno ás quererá.


!Castañí-ñassssssss,

asadí-ñassssss,

ben quentí-ñassss

peladí-ñassssss..!


A estirar, a estirar,

media volta e a papar.”