23/09/13

O Tempo atmosférico


Qué é o Tempo ?

O Tempo atmosférico é o  estado da atmósfera nun lugar e momento concretos.

 Exemplos:     

  • "Hoxe en Ourense o tempo é caluroso".
  •   "Hoxe en Toén o ceo está cuberto de nubes,  pero non chove"


Entón para dicir como é o TEMPO dun lugar hai que mirar a atmósfera e  ter en conta : as nubes, o vento, as precipitacións (das nubes cae a chuvia, a neve, a sarabia) e as temperaturas.

    O tempo pode cambiar dun día a outro e é moi diferente dunhas estacións a outras.
 Observade o debuxo anterior:como podedes comprobar o tempo varía segundo as estacións do ano , pero tamén pode cambiar dun día para outro, e ata no mesmo día.

 A meteoroloxía é a ciencia que estuda os fenómenos atmosféricos (vento, chuvia, neve, sarabia…) e o mecanismo que os produce, intentando a súa predición.
E a persoa encargada de estudar o estado da atmósfera e predicir o tempo atmosférico chámase : meteorólogo.

Reflexión

  1. Será beneficioso para nós coñecer as predicións meteorolóxicas con antelación???
  2. Cómo afecta o tempo as nosas vidas diariamente? Por exemplo, que tipo de roupa  pos, actividades nas que participas ao aire libre, etc.?



Espero as vosas respostas!!!
María




13/09/13

Comenzamos o curso con LARPEIRADAS!

DENDE LOGO SOMOS UNS LARPEIROS!
HOXE LÚA  SORPRENDEUNOS CUN DOCE DE "RECHUPETE".
TROUXO UNHA EXQUISITA TARTA PARA FESTEXAR O COMENZO DO CURSO.
UMMMMMMMMMMMMMM QUE RICA ESTABA!



Gracias Lúa e Minerva polo voso agasallo tan saboroso!




11/09/13

2º CICLO DE PRIMARIA 2013/ 14



Comeza un novo curso e deséxovos que sexa un ano cheo de novos e bos  aprendizaxes  , onde día a día compartiremos moitas experiencias que nos axudarán a crecer  e a compartir.

E como setembro é momento de bos propósitos e de querer mellorar o noso día a día... comencemos por   ler moitos e divertidos libros,  traballar a nosa imaxinación  e disfrutar da volta ó cole.


         Moi bo curso 2013-2014 para tod@s vós

2º CICLO DE PRIMARIA 

10/09/13

BENVIDOS Ó CURSO 2013/ 14


OLA POETAS...!

Benvidos  a un novo curso cheo de novidades.

 Este ano entre tod@s gozaremos de novas experiencias, e comenzaremos unha nova viaxe na que adquiridedes novos coñecementos, conseguiredes acadar novas metas e tamén   novas historias : facendo e aprendendo!

BICOSSSSSSSSS, María



HORARIO

As clases darán comezo o mércores día 11 de setembro. O horario deste día será de 10.15 a 12.45. Haberá transporte escolar.