29/01/19

XOGANDO COS SENTIDOS

O OBXECTIVO DESTA ACTIVIDADE TAN DIVERTIDA FOI MEDIR A CAPACIDADE DOS NOSOS SENTIDOS E ADEMAIS SER CONSCIENTES DA INFORMACIÓN QUE NOS ACHEGA CADA UN DELES.

FIXEMOS ESTA ACTIVIDADE POR GRUPOS,  desenvolvendo diferentes probas.

1º PROBA: A QUE SABE?

Preparamos alimentos ácidos, amargos, salgados e doces. Os nosos compañeiros cos ollos tapados e soamente coa axuda do sentido do gusto, tentaron de identificar os alimentos.
Os que máis alimentos recoñeceron foron os que identificaron ben catro alimentos e despois os que menos alimentos identificaron foron os que recoñeceron dous alimentos.
O sabor máis recoñecido foi o chocolate .
Utilizamos obxectos que desprendían distintos
olores: cebola, café, colonia...Cheirando intentaron os compañeiros recoñecer o contido solo polo  olor. O olor máis recoñecido foi o café e a cebola e o menos identificado un ambientador.

3º PROBA: TOCA,TOCA...


Seleccionamos distintos obxectos e os compañeiros que realizaban a proba, cós ollos tapados, intentaban identificar os obxectos coa axuda do tacto. Seleccionamos obxectos variados brandos, duros, suaves, rugosos...a nosa conclusión é que o que máis recoñeceron foi o xabón que ten unha textura suave e o que menos foi  unha mandarina.


4º PROBA: AFINA O OÍDO!

Os compañeiros debían recoñecer polo oído diferentes sons e asocialos có obxecto en cuestión: matasogras, maracas,etc. O resultado da proba foi que todos recoñeceron as maracas...e menos o son dun bote con ponpóns.

5º PROBA: COMO O VES?

Escribimos letras de distintos tamaños nunha cartolina e pasamos a proba coma se fósemos auténticos oculistas.O resultado foi que os nosos compañeiros  ven bastante ben.

Vídeo da actividade: XOGANDO CÓS SENTIDOS