26/04/19

Nós tamén creamos: MAKING OF DA CURTA " MARUXA"



Do conto á curta. A dinamización do galego a través da creación audiovisual

Resultado de imaxes para cine gif animadoPROXECTO DE TRABALLO:

Curtametraxe audiovisual coa técnica do stop motion 


TRABALLO COLABORATIVO DOS ALUMNOS DE 2º, 3º E 4º DE E.P. DO CEIP SACO E ARCE DE TOÉN


   "Nós tamén creamos!" é un programa de promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ás aulas. 

Seguimos durante este curso 2018/19 traballando sobre o cinema, pero dende outra perspectiva: queremos aprender a facer CURTAMETRAXES e para elo estamos aprendendo a crear un guión, diálogos, secuencias e escenas, decorados, personaxes, iluminación... Neste vídeo veredes como vai tomando forma o noso proxecto da curta na que andamos moi , moi atarefados todos nós... tanto que todo é curtametraxe , gravacións , decorados... Cando rematemos xa publicaremos a nosa curtametraxe de animación coa técnica de animación stop motion. Agora publicamos un video de como vai o proceso de creación ou making of.  Xa case o temos rematado.