27/05/13

COIDAMOS O CORPO PARA MEDRAR SANS E FORTES

COIDAMOS O CORPO PARA MEDRAR SANS E FORTES on PhotoPeach 



A  MOVERSE! 

,,,É BO PARA OS NOSOS MÚSCULOS QUE NON ESTEAMOS SENTADOS MOITO TEMPO!
 SE NOS MOVEMOS DE CANDO EN VEZ SENTIRÉMONOS MELLOR E MÁIS SANS!
A ACTIVIDADE FÍSICA É MOI IMPORTANTE PARA A SAÚDE DO NOSO CORPO, E COMO NÓS PASAMOS ALGUN TEMPO SENTADOS, TRABALLANDO E CONCENTRADOS NAS TAREFAS DA AULA  ...POIS FACEMOS ALGUNHAS ACTIVIDADES BEN SINXELAS PARA DESPEXARNOS E ESTAR MÁIS CONTENTOS ...E TAMÉN PARA QUE LATEXE UN POUQUIÑO MÁIS O NOSO CORAZÓN E NON SE QUEDE AGOCHADO! JA,JA,JA....!
A MOVERSE POIS....


23/05/13

CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

...SIMPLEMENTE ESTAR, XOGAR, CHARLAR, BAILAR...E COMPARTIR!

MOI  BO DÍA DE FESTA PARA TODOS NÓS!



A nosa festa das letras.

Enlace para o bloguesquio, podedes ver os vídeos das actuacións:  bloguesquio

21/05/13

Xogamos?

Nós queremos unha escola que debuxe sonrisos!!!

Botemos unhas risas... Si é posíbel!




Que nos fai rir?
  • Candela: A min gústame que me fagan cóxegas. Río e ...trónchome!
  • Icía : Eu quero que me conten chistes. Encántame!
  • LÚA: Eu  boto unha risada con Candela, que conta chistes moi graciosos.
  • Julio: Ríome cando pasan cousas divertidas.
  • Ainhoa: Eu ríome moito co meu pai.
  • JOSE: Eu  ríome coas cousas graciosas .
  • SAÚL: A min fanme gracia os chistes e as cousas  do meu amigo  Julio.
  • Irene: A min faime sonrir os chistes da profe Marìa, je,je,je!
  • Lucía: A  min faime gracia  os chistes do meu tio Miguel.
  • Sofía: O que máis gracia me fai é que o meu pai  faga a voltereta lateral:ja,ja,ja!
  • Iván: Que me fagan cóxegas! Gústame moito.
  • María: Pois eu río cando vos vexo contentos, cando  aprendedes, compartides, crecedes...e tamén cando despertades ó poeta que todos vós levades dentro! Bicos!

16/05/13

Semana das Letras Galegas

Durante o mes de maio estamos a levar a cabo moitas actividades relacionadas coas Letras Galegas. Andamos realmente moi atarefados!

Este ano no CEIP "SACO E ARCE" imos celebrar o Día das letras Galegas dun xeito moi especial, faremos unha Festa Popular Galega, na que todos nenos e nenas, mestres e pais nos vestiremos de época .

A nosa festa será un día para disfrutar!!!
Pero ....antes temos que ensaiar, preparar a festa  e traballar !

O noso programa festivo vai consistir en:
Danzas  colectivas!
Cancións e máis cancións!
O noso Rap :" A BANDA DOS DE 2º "
Teatro adicado ó autor!
Cantos de cego!  
Pinchos ó rematar as actuacións!!!

...E TODO AMENIZADO POR UNHA "CHARANGA" MOI ESPECIAL!

Preparando As Letras Galegas 

07/05/13

os

cadernos

de

aula
Xa  que pronto imos finalizar o curso debemos  revisar un instrumento de aprendizaxe tan importante como son os  nosos CADERNOS DE AULA.
 Para iso imos  considerar 7 puntos que servirán para descubrir o que xa facemos ben e o que necesitamos mellorar.

 Poñede moita atención e revisade cada un destes apartados:

  1. Poñemos o nome na portada.
  2. No primeiro folio poñemos os datos da materia de que vai ser esa libreta: Matemáticas, Lingua...,e a decoramos ó noso gusto.
  3. Coidamos a caligrafía.O papel con liñas é o teu mellor aliado! As liñas pódenche axudar a facer letras do tamaño e as proporcións axeitadas. 
  4. Data todos os días ao iniciar os teus escritos.
  5. Para os diferentes apartados (apuntamentos, exercicios...) título con bolígrafo. Despois usamos o lápis para facer as tarefas.
  6. Cuidamos a limpeza(sen tachóns, sen manchas...). Debemos fixarnos en manter uns cadernos limpos e ordenados.
  7. Revisar sempre o noso traballo , para evitar erros.
Fíxate en que aspecto da túa libreta te vas superar durante as próximas datas!

Para conseguilo debes traballar poñendo o máximo interese e fixándote moi ben en todo o que estas a facer, xa que ao final verás como o esforzo que realizas paga a pena.

Recorda que a lectura é fundamental para que vexas como se escriben as letras e así mellorarás a túa caligrafía. Ter libros preto será unha grande axuda.
¡ ¡ ¡ A REVISAR!!!

02/05/13


Gif Gusano falda Andamos a  Experimentar!!

Nesta imaxe da esquerda aínda eran ovos!

Deunos a profe Begoña uns vermes de seda para coidalos na clase, e como os vermes teñen que comer, hai que buscar a súa comida e coller unha cantidade axeitada cada dia para telos ben alimentados. 




Esta tarefa a está a facer moi ben a   nosa Candela.



O fin desta experiencia será ver crecer os vermes durante todos os días, verificar que pasan polas fases que xa aprendemos que teñen, contar os dias, sinalar os cambios, cores, ver como se transforman...


 Hai que adidicarlle un momentiño todos os días para ir observando os cambios.
De momento sabemos que é o máis comilón

de todo o reino animal.

Cando é ovo

non come,

mentres tece o botón, tampouco.

Cando é crisálida  Nooo!,

e de bolboreta menos.

Así que ten

que aproveitar,

cando é verme

para poder comerrrrrrrr!






As follas de Moreira que comen os vermes e que as  trae sempre Candela. Mirade, as follas teñen forma de corazón!




Video : Os vermes de seda


01/05/13

OBRADOIRO DE POESÍA

Gif Arbol presumido


Entre tanta celebración e demais actividades , esquecéuseme ensinarvos os nosos traballos do OBRADOIRO DE POESÍA  que fixemos en conmemoración do
 Día Mundial da poesía.


 Adicámolos as ÁRBORES, xa que andamos a traballar o proxecto do medio ambiente, e pareceunos  que estas son un símbolo da vida e nós pensamos que cada folla dunha árbore representa unha historia fugaz...ahí van as nosas historias non tan fugaces!!!!