Amosando publicacións coa etiqueta hora de ler. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta hora de ler. Amosar todas as publicacións

20/04/16

Día do libro - 2016

Nós celebramos o día do libro emulando aos grandes escritores e sí... necesitamos as historias  para aprender e disfrutar . Que sorte que sexan tan doadas de conseguir e disfrutar.  Atopámolas facilmente  na nosa biblioteca e nos libros que temos na casa.
Tamén nos gusta facelas, e esto sí que é  algo máis complicadas , pero  botaremos man das nosas ideas , creatividade e imaxinación. 
Estas son as nosas historias, historias da nosa terra, con moito sentimento falamos do que coñecemos e queremos. Esperamos vos gusten. Grazas.



23/04/14

22/02/13

LER FERMOSOS CONTOS

E xa que chega un fin de semana frío e chuvioso o mellor é:

LER FERMOSOS CONTOS   

... de historias fantásticas e prodixiosas,

de feros dragóns e damas fermosas,

de ousados piratas, de astutos ladróns,

de elefantes arriscados, tigres e leóns

e un pouquiño de poesía

da nosa Rosalía

coas súas palabriñas mimosas e sentidas!

Para ser pensados o u pensar!

Para ser disfrutados ou xogar!

Para inventar, para pensar e soñar!!!



Bicos 

http://lecturanarede.blogspot.com.es/

 Lectura na rede


23/01/13






BOAS NOITES E MOI BOAS LECTURAS PARA TOD@S. VOLVÉMONOS VER MAÑÁ.


Buenas noches y muy buenas lecturas para tod@s. Nos volvemos a encontrar mañana.



09/06/12

Descubrindo o mundo

33 razóns para ler... 

Para deter o tempoPara saber que estamos vivos
Para saber que non estamos sós
Para saber, 
para aprender
Para aprender a pensar
Para descubrir o mundo
Para coñecer outros mundos
Para coñecer ós outros
Para coñecernos a nós mesmos
Para compartir un legado común

Para crear un mundo propio
Para rir
Para chorar
Para consolarnos
Para desterrar a melancolía
Para ser o que non somos
Para non ser o que somos
Para dubidar
Para negar
Para afirmar
Para fuxir do ruído
Para combater a fealdade
Para refuxiarnos
Para evadirnos
Para imaxinar
Para explorar
Para xogar
Para pasalo ben
Para soñar
Para crecer...

13/02/12

PALLASOS CÉLEBRES

...E SEGUIMOS TRABALLANDO O MUNDO DA FANTASÍA. VAI UN CONTO DE PALLASOS.  CHARLIE RIVEL  


Charlie Rivel é o nome artístico de Josep Andreu i Lasserre, pallaso catalán que naceu en Cubelles, provincia de Barcelona (España), o 24 de abril de 1896 e falecido en Sant Pere de Ribes o 26 de xullo de 1983, foi un dos pallasos máis famosos da historia do circo. Os seus pais foron artistas de circo tamén. A partir de 1954 converteuse nunha das estrelas do Circo Price.
Unha das anécdotas máis entrañables é a de cando entrou na pista do circo e aínda non empezara a súa actuación cando un neno empezou a chorar desesperadamente (probablemente era a primeira vez que vía un pallaso). Charlie non podía empezar a súa actuación pois o público estaba máis pendente do escandoloso choro do neno que do pallaso. Charlie achegouse cautamente cara ao neno para facerlle unha caricia e intentar calmalo, pero o efecto foi o contrario e o neno empezou a chorar aínda con máis forza entre as risas medio divertidas medio conmovidas do público adulto. Rivel, profundamente coñecedor da psicoloxía infantil, retirouse cara ao centro da pista e empezou tamén a chorar, desconsoladamente, solidariamente. Con iso abondou. O neno calouse no acto, cuns ollos abertos como laranxas pola sorpresa de ter descuberto que aquel ser vermello e ameazador sabíase expresar tamén coa súa mesma linguaxe tan transparente e directa: o choro. E Rivel continuou chorando. Cando, aínda choroso, volveuse achegar cara ao neno, xa totalmente calmado e mirándoo electrizado, a criatura sacouse o chupete da boca e deullo a Charlie, nun acto de solidariedade primixenia. O choro de Rivel esgotouse e o público arrancou en aplausos. O pallaso aceptou o ofrecemento do neno e, hoxe, aquel chupete histórico consérvase entre as vitrinas do Museo Charlie Rivel de Cubelles.




07/11/11

A HORA DE LER



"ERASE UNHA VEZ...A HORA DE LER"
 Todos os días  adicamos un tempo a sentarnos  na alfombra ,  collemos un conto do noso gusto e ... miramos o  seu contido, as súas ilustracións, as súas grafías, as  imaxes tan "chulas", ademais tamén  lemos os xornais e os cómics... 

 O que nós facemos  é unha viaxe a mundos distantes ou distintos, a mundos máxicos ou reais, a mundos que nos introduzan na fantasía...
e nos axuden a crecer.