21/09/17

BENVIDOS ALUMN@S DE 6º


26SET
Estamos de volta nun novo curso, con novas caras e tamén con ilusións renovadas. Queda un longo camiño por diante, quedan moitas voltas que dar pero pasiño a pasiño iremos superando obstáculos.

Imos aló!!

ENLACEProxecto Documental curso 2017/18:

Con C de CINE (BIBLIOTECA BLOGUESQUIO)

Este curso imos adicar o noso proxecto de traballo ao cine: 

"CON C DE CINE"

A finalidade deste proxecto é suscitar calquera contido educativo desde unha perspectiva lúdica, espertar entre o noso alumnado un espírito libre, creativo e crítico, aspectos que parecen importantes de potenciar desde as primeiras idades para conseguir persoas con criterio propio dentro dunha sociedade cambiante. Este é un proxecto para ir conseguindo unha escola  que trasmita valores éticos, culturais e estéticos...en fín, insertar a escola na vida.