A viaxe de Efrén aos Xogos Olímpicos (a nosa mascota da biblioteca) é o tema do proxecto co que iniciamos o curso 2012/2013. Aproveitamos este acontecemento, que tivo lugar en Londres neste verán , como elemento motivador para o alumnado, capaz de xurdir o seu interese e a súa curiosidade, como eixo vertebrador das aprendizaxes e que supón unha resposta á necesidade de organizar os contidos escolares dende a dinámica da globalización, para que os nen@s aprendan a organizar, comprender e asimilar a información, a desenvolver o pensamento crítico, a reflexión, a capacidade de formulación de hipótesis...é para conquerir todo esto, é para o que desenvolvemos este proxecto.
Un saúdo
...a profe María!
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario