07/11/12

As nosas receitas con castañas.Tempo de castañas e magosto

 As castañas son un alimento moi nutritivo que nos enche de enerxía na época de frío. E que mellor opción para consumilas, que introducilas nas nosas sobremesas.

Os nenos e nenas de 2ºcurso  do CEIP "Saco e Arce" de Toén, seguiremos nestas datas de MAGOSTOS informándovos das nosas riquísimas receitas....!



Receita de castañas ao forno


 Asar castañas é un plan ideal para facer cos nenos/as. É a época do ano en que nos encanta saír a pasear con eles e recoller castañas. Logo cando volvemos á casa chega a segunda parte da diversión: asalas ao forno! Como o pasan os nenos e nenas  esperando as castañas e logo coméndoas! 
Preparación.Prequecer o forno a 200ºC mentres facedes un corte a cada castaña para que non estalen no forno. É unha incisión que debedes practicar do tamaño dunha pequena uña, lateralmente coma se foses a pelar unha pataca. O corte debe atravesar a pel exterior e a interior, pero apenas rozar o froito. Procura non arrancar a pel, só un pequeno corte para que non se inche e estale. Colócaas na bandexa de forno sen amorear e enfórnaas durante ½ hora. Comproba que estean feitas agarrando unha cunha luva de forno, se cede á presión da man significa que xa están listos. Coidado con probala, evidentemente, queima!

A degustación :  RICAS, RICAS!


 A Torta de castañas e chocolate

Os ingredientes: 600 gramos de castañas crudas peladas, 150 gramos de azúcre, 50 gramos de manteiga, 4 ovos, 1 chisquiño de licor, 1 culleriña de cacao en po, un chisco de sal, 1 limón e 1 cullerada de azucre glass.


A preparación

Coce as castañas en auga salgada uns 25 minutos, escórreas e pásaas polo pasador de puré cando aínda estean quentes.Separa as xemas das claras e trabállaas co azúcre e a manteiga amolecida ata obter unha crema fina. Engade un pouquiño licor, o puré de castañas, o cacao e a pel relada do limón.
Monta as claras a punto de neve cun chisco de sal, e agrégaas devagar á mestura anterior, batendo coas varas de abaixo a arriba.

Pon o forno a quentar 190ºC e unta con manteiga o molde da torta. Verte o composto no molde e introdúceo no forno durante 1 hora. Fai a proba do escarvadentes para comprobar que está ben feito. Déixao arrefriar, desmolda o e adórnao con azúcre glass, tamén se queres, pódelo acompañar de nata ou chocolate quente.

A degustación: O sublime non ten nome nin explicación, vós encontrádela?

...E como xa chega o nadal, imos practicando:




Ningún comentario:

Publicar un comentario