O próximo luns iremos ver unha obra de títeres ao
AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE
de "Tanxarina Títeres"
Será unha lembranza fantástica do gran circo de carpa alta
e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo
que lembran agora con monicreques de fíos e traballo cómico as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo
participativo co público, van aparecendo os números máis
importantes daquel vello circo xa esmorecido: o home máis
forte da península ibérica, o malabarista máis divertido e
bailadeiro do mundo e durante unha hora TODOS NÓS... estaremos no
circo!
...E NÓS FIXEMOS UN OBRADOIRO DE MONICREQUES. ...
AHÍ VAN OS NOSOS TRABALLOS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario