PLAN PROXECTA
ÉRGUETE XA!!!
Dende a escola hai unha crecente preocupación pola vida sedentaria dos nosos alumn@s, xa que entendemos que o corpo necesita un mínimo de actividade física diaria para manterse en forma e ter unha vida máis saudable.
Vivimos nunha sociedade na cal, cada vez, temos máis tempo libre e de lecer, pero este tempo utilizámolo en ver a televisión, xogar coa videoconsola, etc, e dedicamos menos para facer unha actividade física adecuada, o cal nos leva irremediablemente ao sedentarismo, que se caracteriza pola ausencia de actividade física e os problemas que iso acarrea aos nen@s.
Neste curso estamos a participar no Plan Proxecta. O noso proxecto leva por título: Erguete xa!
Un dos obxectivos que estamos a traballar na aula é que os nen@s coñezan e usen os movementos motrices, perceptivos e sensitivos como medio de distrute corporal e de benestar na súa vida cotiá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario