20/02/13

24 DE FEBREIRO: RECORDANDO A ROSALÍA

CONMEMORACIÓN DOS 150 ANOS  DE CANTARES GALEGOS


PARA CONMEMORAR ESTA DATA NÓS ESTAMOS A TRABALLAR O  POEMA   III ,que fala da nosa terriña galega!

     Lugar máis hermoso

non houbo na terra

que aquel que  eu miraba,

que aquel  que me dera.

     Lugar mais hermoso

no mundo n' hachara,

que  aquel de Galicia, 

¡Galicia encantada!

     ¡Galicia frolida!

Cal ela ningunha,

de froles cuberta,

cuberta de espumas.

     De espumas que o mare

con pelras gomita,

de froles que nacen

ó pé das fontiñas.

     De valles tan fondos,

tan verdes, tan frescos,

que as penas se calman

nomáis que con velos.

     Que os ánxeles neles

dormidos se quedan,

xa en forma de pombas,

xa en forma de niebras.



****XA IREMOS NOS PRÓXIMOS DÍAS PRENSENTÁNDOVOS OS NOSOS TRABALLOS. ESTAMOS A TRABALLAR NO POEMA PARA CONMEMORAR ESTE EVENTO TAN ESPECIAL!!!! TEMOS MOITO QUE PENSAR E FACER...!


1 comentario:

  1. Gústame o poema que elexíchedes para traballar. Xa nos amosaredes todo canto fagades. Unha aperta.

    ResponderEliminar