Este ano o día das letras Galegas adícanse a Roberto Vidal Bolaño .
Naceu na cidade de Santiago de Compostela o ano 1950.
Logo de estudar en varios colexios de Santiago, Roberto comezou a traballar moi novo e así, aos doce anos xa está en Recambios Balsabas, onde reparte, indo en bicicleta pola cidade, todo tipo de pezas para
coches.
Despois de pasar por outros oficios consegue facer o que máis lle gustaba, teatro.
E traballa no teatro facendo de todo: decorador, iluminador, electricista, director, actor,
autor, empresario...
Escribiu moitas obras de teatro en galego, algunhas dirixidas aos máis pequenos, como
«O xogadeiro», escrita con menos de quince anos e que foi a súa primeira obra.
Máis adiante escribiu outras obras infantís:
«Xáxara, Paniogas, Tarelo o Rapaz e o Cachamón ou como trocar en rato pequeno omeirande xigantón» e «Ruada das papase do unto».
Tamén dirixiu a compañía teatral Antroido,
traballou no cine e na televisión e foi actor
de dobraxe en máis de cincuenta películas.
Pola súa defensa do idioma, da cultura e do
teatro galego, a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas deste ano
2013.
Lim:ACTIVIDADES BIOGRAFÍA
PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario