07/05/13

os

cadernos

de

aula
Xa  que pronto imos finalizar o curso debemos  revisar un instrumento de aprendizaxe tan importante como son os  nosos CADERNOS DE AULA.
 Para iso imos  considerar 7 puntos que servirán para descubrir o que xa facemos ben e o que necesitamos mellorar.

 Poñede moita atención e revisade cada un destes apartados:

  1. Poñemos o nome na portada.
  2. No primeiro folio poñemos os datos da materia de que vai ser esa libreta: Matemáticas, Lingua...,e a decoramos ó noso gusto.
  3. Coidamos a caligrafía.O papel con liñas é o teu mellor aliado! As liñas pódenche axudar a facer letras do tamaño e as proporcións axeitadas. 
  4. Data todos os días ao iniciar os teus escritos.
  5. Para os diferentes apartados (apuntamentos, exercicios...) título con bolígrafo. Despois usamos o lápis para facer as tarefas.
  6. Cuidamos a limpeza(sen tachóns, sen manchas...). Debemos fixarnos en manter uns cadernos limpos e ordenados.
  7. Revisar sempre o noso traballo , para evitar erros.
Fíxate en que aspecto da túa libreta te vas superar durante as próximas datas!

Para conseguilo debes traballar poñendo o máximo interese e fixándote moi ben en todo o que estas a facer, xa que ao final verás como o esforzo que realizas paga a pena.

Recorda que a lectura é fundamental para que vexas como se escriben as letras e así mellorarás a túa caligrafía. Ter libros preto será unha grande axuda.
¡ ¡ ¡ A REVISAR!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario