21/05/13

Xogamos?

Nós queremos unha escola que debuxe sonrisos!!!

Botemos unhas risas... Si é posíbel!




Que nos fai rir?
  • Candela: A min gústame que me fagan cóxegas. Río e ...trónchome!
  • Icía : Eu quero que me conten chistes. Encántame!
  • LÚA: Eu  boto unha risada con Candela, que conta chistes moi graciosos.
  • Julio: Ríome cando pasan cousas divertidas.
  • Ainhoa: Eu ríome moito co meu pai.
  • JOSE: Eu  ríome coas cousas graciosas .
  • SAÚL: A min fanme gracia os chistes e as cousas  do meu amigo  Julio.
  • Irene: A min faime sonrir os chistes da profe Marìa, je,je,je!
  • Lucía: A  min faime gracia  os chistes do meu tio Miguel.
  • Sofía: O que máis gracia me fai é que o meu pai  faga a voltereta lateral:ja,ja,ja!
  • Iván: Que me fagan cóxegas! Gústame moito.
  • María: Pois eu río cando vos vexo contentos, cando  aprendedes, compartides, crecedes...e tamén cando despertades ó poeta que todos vós levades dentro! Bicos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario