Qué é o Tempo ?
O Tempo atmosférico é o estado da atmósfera nun lugar e momento concretos.
Exemplos:
- "Hoxe en Ourense o tempo é caluroso".
- "Hoxe en Toén o ceo está cuberto de nubes, pero non chove"
Entón para dicir como é o TEMPO dun lugar hai que mirar a atmósfera e ter en conta : as nubes, o vento, as precipitacións (das nubes cae a chuvia, a neve, a sarabia) e as temperaturas.
O tempo pode cambiar dun día a outro e é moi diferente dunhas estacións a outras.
Observade o debuxo anterior:como podedes comprobar o tempo varía segundo as estacións do ano , pero tamén pode cambiar dun día para outro, e ata no mesmo día.
Observade o debuxo anterior:como podedes comprobar o tempo varía segundo as estacións do ano , pero tamén pode cambiar dun día para outro, e ata no mesmo día.
A meteoroloxía é a ciencia que estuda os fenómenos atmosféricos (vento, chuvia, neve, sarabia…) e o mecanismo que os produce, intentando a súa predición.
E a persoa encargada de estudar o estado da atmósfera e predicir o tempo atmosférico chámase : meteorólogo.
E a persoa encargada de estudar o estado da atmósfera e predicir o tempo atmosférico chámase : meteorólogo.
Reflexión:
- Será beneficioso para nós coñecer as predicións meteorolóxicas con antelación???
- Cómo
afecta o tempo as nosas vidas diariamente? Por exemplo, que tipo de roupa pos, actividades nas que participas ao aire
libre, etc.?
Espero as vosas respostas!!!
María
Ningún comentario:
Publicar un comentario