23/11/13


A función de relación dos seres vivos.

Quen nos axuda a captar toda a información que nos rodea e a tomar decisións sobre que facer?



A resposta é: O sistema nervioso e os sentidos (vista, odio, gusto, olfacto e tacto). 


Hoxe imos ver como funciona
  O SISTEMA NERVIOSO.
O Sistema Nervioso é o conxunto de órganos que dirixe todos os aparatos do noso corpo. O Sistema Nervioso controla e manda en todo o que pasa dentro de nós. Tamén, grazas a el sabemos o que pasa a noso arredor.

O Sistema Nervioso ten tres partes:

1. -O encéfalo, situado na cabeza e é o que ordena a todas as partes do corpo o que teñen que facer.

2. -A medula espiñal, que é como un cordón branco que está dentro da columna vertebral.

3. -Os nervios, que saen da medula espiñal a todos os sitios do noso corpo.

Os nervios e a medula espiñal conducen a información do encéfalo ao resto do corpo e ao revés.

Os nervios e a medula espiñal están formados por moitas células unidas como unha cadea. Estas células chámanse neuronas.


O sistema nervioso fai tres cousas:

1.- O sistema nervioso é capaz de sentir o que pasa fóra e dentro do corpo.

2.- O sistema nervioso estuda a sensación que lle chega de fóra, a garda e toma unha decisión.

3. -O sistema nervioso responde con movemento as decisións que toma.

ANDAAAA... É O MESMO QUE A FUNCIÓN DE RELACIÓN!

Investiga:si hoxe te pos a bailar ou a saltar á comba , que partes do teu corpo están a funcionar???




Bo fin de semana mentalistas
María

1 comentario:

  1. Unha entrada moi útil e moi ben explicada. Grazas por compartila. Unha aperta.

    ResponderEliminar