Free Dot2 Lefty - Pointer 1 Cursors at www.totallyfreecursors.com

31/01/13

ENTROIDO 2013

HOXE,31 DE XANEIRO NO CEIP DE TOÉN,OS  NEN@S E MESTRES COMENZAMOS AS ACTIVIDADES DO ENTROIDO,Co XOVES DE COMPADRES. FIXEMOS A TRADICIONAL LOITA DE COMPADRES(REGUIFAS).

O VINDEIRO XOVES 7 DE FEBREIRO DE COMADRES, MÁIS ENTROIDO!!!PREPARÁDEVOS RAPACES!

Sabiades que o xoves de compadres e comadres realízase unha tradicional pelexa entre homes e mulleres?


Velaquí os compadres e as comadres DA NOSA AULA.

OS NOSOS BONECOS DE COMPADRES A PUNTILLO DE SAÍR A CORRER!!!


MIRADE COMO SE AGOCHAN PARA SACARLLES AS FEMIAS O BONECO!!!


A LOITA  por roubar os bonecos....


As nenas fabrican uns bonecos que representan aos homes e tentan queimalos, mentres os nenos loitan por llos roubar. Os homes fabrican uns bonecos que representan a unha muller e fan o mesmo. (Esta é unha das teorías que explican esta tradición, moi extendida pola provincia de Ourense)
Así, con esta festa contribuimos á conservación das nosas tradicións dunha maneira lúdica e pedagóxica.





30/01/13

 Hoxe , 30 de xaneiro, todos nós  fixemos un manifesto de PAZ


PARA NÓS A PAZ COMENZA POR:
  • A PAZ É  DAR AMOR , ALEGRÍA E CARIÑO.
  • É ALUMEAR ALÍ ONDE EU ESTÉ.
  • É NON FACER "GUERRA ENTRE NÓS".
  • SER AMABLE, RESPECTUOSO COS DEMAIS.
  • AXUDAR NO FOGAR AOS EUS PAIS.
  • DAR MOITOS BICOS.
  • E A TODOS COIDAR E MIMAR.     
  •  EU REGALAREI UN SORRISO AO QUE CHORA.
  • FAREI UN CÍRCULO MÁIS GRANDE PARA METER A TODOS NEL.
  • COMPARTIR TODO COS DEMAIS.
  • E....TODOS NÓS DICIMOS: QUE A PAZ SEXA UNHA REALIDADE   E NON SÓ UN SOÑO!!!!
...E despois xogos pola paz no patio!









A Paz é o camiño ... 

  • A verdadeira paz non é simplemente a ausencia de tensión, é a presenza de xustiza. (Martin Luther King).
  • Non hai ningún camiño cara a paz, a paz é o camiño. (Mahatma Gandhi).



Toma un sorriso, regálao a quen nunca o tivo.
Toma un raio de sol, faino voar alá onde reina a noite.
Toma unha bágoa, pona no rostro de quen nunca chorou.
Toma a Valentía, pona no ánimo de quen non sabe loitar!


21/01/13

IMOS TRABALLAR PARA A PAZ

Xa chega o Día da Paz e con esta efeméride un montón de traballo para a nosa aula. 



  E algo de música? "O mundo é grande",

 de Mamá Cabra.






E UN  DOS VALORES QUE QUEREMOS PARA NÓS , É:





E OUTROS SON: AMIZADE, BONDADE, COMPAÑERISMO, 

TOLERANCIA, ESPÍRITU DE EQUIPO, VALENTÍA, 

RESPONSABILIDADE...