Free Dot2 Lefty - Pointer 1 Cursors at www.totallyfreecursors.com

29/03/14

Día da poesía 2014




Actividade realizada no Ceip "Saco e Arce" para conmemorar o pasado 21 de Marzo o DÍA INTERNACIONAL DE POESÍA.
Este ano o noso proxecto de traballo é viaxando con Efrén polo mundo e  nós viaxamos  por Brasil...pois os nosos poemiñas tamén viaxaron ata alí...e os compartimos con tod@s os nosos compañeiros. 

27/03/14

Día da arbore e da poesía




Esta presentación "O BOSQUE DA POESÍA" FOI FEITA POLA PROFESORA CARMEN, E ESTÁ TAMÉN NO BLOGUE ESQUÍO DA NOSA BIBLIOTECA. GRACIAS CARMEN POLA TÚA COLABORACIÓN. BICOS DE TODOS NÓS.

21/03/14

DÍA DA TERRA

Festexamos o día da terra realizando unha actividade moi  pracenteira:  plantar árbores no patio do noso colexio. Foi todo un acontecemento. Nós xa somos coidadores do planeta!
 Aí van as imaxes do acontecido.
DÍA DA TERRA

04/03/14

FESTA DO ENTROIDO



Baila a Samba no Brasil, Isto é o carnaval
Con que ritmo e fantasía
É Espectacular!
A capoeira é unha arte marcial, van danzando
Ven a Río de Xaneiro, connosco a desfilar.

Semana do Entroido 2014


Trouleando