21 de marzo: DÍA DA ARBORE
Apadriñar unha árbore é un proxecto da nosa escola para conmemorar o día da árbore e da auga. Queremos facer conscientes aos nosos alumn@s de coidar e protexer as árbores , como fonte de riqueza paisaxística, natural, cultural, social e económica.
Poesía para un Carballo-5º EP :
Carballo rexo,e potente,
calado ou musical:
loitas como valente
coa choiva e a neve.
Carballo verdeado
solemne e centenario
estás aí plantado
ollando o calendario.
O Carballo , carballeiro,
ten forza de xigante,
coas súas follas ao vento
anda él tan contento.
anda él tan contento.
VÍDEO
Preciosa poesía. Unha aperta e boa finde.
ResponderEliminar