BENVIDAS/OS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2018-2019
4º E. Primaria
Comenzamos con moita ilusión porque temos moitas cousas novas que aprender e compartir.
Haberá moitas sorpresas!
Luces, cámara e...acción!
O cine será o eixo motivador deste curso que temos por diante, pouco a pouco lograremos ser expertos directores e viaxaremos coas experiencias que todos realizaremos, grandes e pequenos.Todos e todas aprenderemos uns dos outros.
Intentaremos conxugar o divertimento co elemento educativo, coa finalidade de facer máis atractivo o ensino e, deste xeito, cumprir con maior eficacia o obxectivo perseguido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario