20/12/15

Un nadal de ilusión

 

Que a maxia do nadal enrede para que se cumpran os vosos desexos.

Bicazos 

 Gifs animados de navidad

María

29/10/15

02/10/15


Alumn@s de 5º e 6º.  Xa ,de novo,  sendo coprotagonistas deste blogue. Benvid@s!

Cómic


Escritura Creativa

Hoxe queremo compartir con tod@s vós a nosa maneira de traballar as linguas...chámase ESCRITURA CREATIVA , e trátase de aprender a escribir facendo pequenos obradoiros onde  escribimos breves , pero intensas, cousiñas sobre nós mesmos e o noso pequeno , pero gran mundo. Hoxe comenzamos por facer un boneco que case, case é cuspidiño a cada un de nós...cos  nosos mesmiños  gustos e afeccións.





08/09/15


O Próximo día 10 de setembro xa estamos  todos XUNTOS .Dámosvos a benvida a todos e todas. Seguramente moitos viredes con novas ideas e propósitos para esta nova andaina. Tamén con novas forzas despois do verán. Esperamos que o comezo sexa bo para tod@s e que todas esas novas ideas e propósitos teñan cabida ao longo do curso. 
BICAZOS NENOS E NENAS

23/03/15

Escritura creativa

Durante esta semana estivemos a traballar  coa PRENSA . Nós somos uns xornalistas creativos e pensamos en facer pequenos poemas cos titulares de revistas e xornais. Uffff....menudo traballo!
Nós pensamos que somos creativos cando decidimos facer transformacións sobre un modelo estándar que xa coñecemos. Por exemplo: cando temos que crear os nosos propios poemas utilizando recortes de tituares de xornais.

15/03/15

XOGADE


 XORNADA DO DEORTE ESCOLAR.
 OS NOSOS CAMPIÓNS,
UN ORGULLO PARA TODOS NÓS.
PARABÉNS!

21/02/15

...e agora ROSALÍA

Eu son Rosalía! 24 de febreiro

 
A Asociación de Escritor@s en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar, un ano máis, o Día de Rosalía de Castro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora e data na que esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.

Nós tamén agasallaremos a Rosalía ....para elo imos comenzar  coñecendo o precioso poema "Adios ríos, adios fontes"





 Enlace:Bloguesquio da nosa Biblioteca