13/02/12

PALLASOS CÉLEBRES

...E SEGUIMOS TRABALLANDO O MUNDO DA FANTASÍA. VAI UN CONTO DE PALLASOS.  CHARLIE RIVEL  


Charlie Rivel é o nome artístico de Josep Andreu i Lasserre, pallaso catalán que naceu en Cubelles, provincia de Barcelona (España), o 24 de abril de 1896 e falecido en Sant Pere de Ribes o 26 de xullo de 1983, foi un dos pallasos máis famosos da historia do circo. Os seus pais foron artistas de circo tamén. A partir de 1954 converteuse nunha das estrelas do Circo Price.
Unha das anécdotas máis entrañables é a de cando entrou na pista do circo e aínda non empezara a súa actuación cando un neno empezou a chorar desesperadamente (probablemente era a primeira vez que vía un pallaso). Charlie non podía empezar a súa actuación pois o público estaba máis pendente do escandoloso choro do neno que do pallaso. Charlie achegouse cautamente cara ao neno para facerlle unha caricia e intentar calmalo, pero o efecto foi o contrario e o neno empezou a chorar aínda con máis forza entre as risas medio divertidas medio conmovidas do público adulto. Rivel, profundamente coñecedor da psicoloxía infantil, retirouse cara ao centro da pista e empezou tamén a chorar, desconsoladamente, solidariamente. Con iso abondou. O neno calouse no acto, cuns ollos abertos como laranxas pola sorpresa de ter descuberto que aquel ser vermello e ameazador sabíase expresar tamén coa súa mesma linguaxe tan transparente e directa: o choro. E Rivel continuou chorando. Cando, aínda choroso, volveuse achegar cara ao neno, xa totalmente calmado e mirándoo electrizado, a criatura sacouse o chupete da boca e deullo a Charlie, nun acto de solidariedade primixenia. O choro de Rivel esgotouse e o público arrancou en aplausos. O pallaso aceptou o ofrecemento do neno e, hoxe, aquel chupete histórico consérvase entre as vitrinas do Museo Charlie Rivel de Cubelles.




Ningún comentario:

Publicar un comentario