08/02/12

Xa é tempo de entroido

Este ano imos adicar o noso entroido ao tema do CIRCO.
 Utilizaremos o circo como eixo canalizador dos aprendizaxes porque as actividades que nos proporciona este medio favorecen o desenvolvemento da imaxinación , e ademais permiten identificarse con diversos personaxes como os pallasos, os malabaristas, os trapecistas, os domadores, as fieras... Qué divertido!
 Nós, os do  1º ciclo de Primaria ímonos disfrazar de pallasos. Estamos ideando o noso disfrace, que debe ser moi económico...pero divertido...xa casi o temos. Informaremos axiña!!!

BENQUERIDOS PAIS E NAIS:

CHEGA O ENTROIDO E PRECISAREMOS DA VOSA COLABORACIÓN PARA FACER O NOSO  DISFRACE QUE VAI SER DE PALLASO NESTA OCASIÓN .

 CADA NEN@ DEBERÁ TRAER CON ANTERIORIDADE AO VENRES 17:

     - UN POLO, CAMISETA OU XERSEI DUNHA SOA COR.
   -UN PANTALÓN, PIXAMA OU SIMILAR, PARA ELABORAR UN PANTALÓN DE PALLASO (MELLOR QUE SEXA DE FLORES, LISTAS OU CADROS).
     -UNHA PELUCA DE PALLASO.

Moitas grazas 
As. A titora de 1º ciclo de Primaria


Ningún comentario:

Publicar un comentario