Entre viñetas é o proxecto documental que estamos a desenvolver este curso no cole. Nós, a clase de 4º escollemos a banda deseñada de OS BARBANZÓNS de Pepe Carreiro.Queremos coñecer como vivían, os seus costumes e tradicións.
Alumn@s de 4º:
"Sempre resulta de interese coñecer como vivían os nosos devanceiros. Coñeceremoss máis datos a medida que avancemos nas nosas investigacións.
NESTES INTRES ANDAMOS A DOCUMENTARNOS E XA FIXEMOS O NOSO CASTREXO DE TOÉN , NO QUE REPRESENTAMOS A NOSA VISIÓN DO QUE É UN CASTREXO, UN HOME QUE VIVÍA NA IDADE DO FERRO, E QUE NO DÍA A DÍA DESENVOLVÍA OS SEUS TRABALLOS DE AGRICULTOR NA PEQUENA ALDEA NA QUE VIVÍA. ERA UN CAMPESIÑO QUE CULTIVABA CEREAIS, RECOLLÍA FROITOS SILVESTRES E COIDABA O GANDO E PRACTICABA A METALURXIA DO BROCE E MAILO FERRO. TAMÉN ERA GUERREIRO.....PERO XA VOS IREMOS CONTANDO....NÓS...CONTINUAREMOS INVESTIGANDO!!!"
Ningún comentario:
Publicar un comentario