Este ano o noso proxecto documental ten moita CIENCIA e Efrén convídanos a participar neste proxecto e converternos este curso en científicos e científicas.
Polo tanto, nós os de 5º, imos traballar coa ciencia e a tecnoloxía a reo.
A profe María propúxonos que xa que temos o ESCORNABOTS na biblioteca usemos a robótica para divertirnos e que elaboremos actividades de lingua para aprender.
Así que...mans a obra! Programamos cos botóns as secuencias de movementos do robot e ...ala! , a traballar coa ortografía e a gramática.
Comenzamos pensando como podíamos facer un xogo divertido , pero a vez que sirva para repasar e aprender as linguas.
Ocurréusenos que poderíamos facer uns xogos nos que as NORMAS elexidas son as seguintes:
1º.- Cada xogador dispón de dous dados.
2º.-O xogador/a tira os dous dados e sae un nº.
3º.- Co nº que saiu o xogador ou xogadora programa o ESCORNABOT para que se desplace a casilla correspondente do taboleiro.
4º- Cando o Escornabot chega a casilla , esa casilla ten unha pregunta agochada a cal temos que dar resposta.
5º.- As preguntas son difíciles e hai que dar respostas moi claras e precisas.
Bueno...claro que nós xa as sabemos porque somos os inventores do xogo e das preguntas!
A xogarrrrrrrrrrrrrrrr.....!
No vídeo vai descrita unha secuencia do xogo...pero hai moitas máis...
Ola María, son Candela, quería decirche que esta actividade pareceume moi creativa e divertida, xa que escollimos a robótica como proxecto de traballo este curso.
ResponderEliminarHola María son Gabriel quería dicirche que encantóume o xogo do escornabot;
ResponderEliminarBicos.
Que gran traballo, María! Nos iamos participar este ano no proxecto Escornabots pero non fomos seleccionados. Unha mágoa! Unha aperta.
ResponderEliminarA min este traballo encantoume, porque mentras que xogábamos co scornabot aprendíamos.
ResponderEliminarHUGO G
Ola María, son Aroa, a actividade do escornabot foi moi divertida. Xa que estamos seleccionados no proxecto Escornabot!
ResponderEliminarA min este traballo preceume moi divertido por iso ver esta entrada e recordar aquel momento pareceume moi interesante.
ResponderEliminar