Tarefa: CONTAR EXPERIENCIAS
- Ponlle un Título terrorífico.
- Conta a túa experiencia dese día.
- Relata de xeito ordenado o que fixeches ti para vir disfrazado á escola e explica que che pareceu a festa do colexio e os disfraces dos teus compañeir@s.
- Planifica, escribe e revisa.
- Fíxate na ortografía e utiliza un vocabulario axeitado ao tema.
SAMAÍN FANTÁSTICO
Autora: Aroa / 5º
O samaín
foi unha experiencia fantástica, non só porque foi moi divertida, que tamén,
pero sobretodo porque é unha tradición galega.Eu viñen
disfrazada de Anabel, collín un camisón da miña nai, fíxenme unhas trenzas e un
coitelo de cartón ensangrentado.A festa
do colexio pareceume moi divertida! Os disfraces dos meus compañeiros parecéronme
espectaculares, mellores que o meu, algúns nen@s que ían disfrazados de zombis
creo que serían os mellores
disfraces de todo o colexio e os demáis xenial.
O DÍA DO SAMAÍN NO COLE
Autora: Candela / 5º
Hoxe, o
primeiro que fixen foi facer o meu disfrace:
"nena diabólica"
Collín un
vestido que tiña ao máis fondo do meu armario, e púxenlle por debaixo unha
camiseta de raias. Axiña acabei de almorzar, e logo fixen dúas coletas ben
despeiteadas.
Ao montar no transporte escolar, vin uns disfraces terroríficos
que daban moito medo. Cando fixemos as filas no cole, coma sempre, a profe Sali
asustounos a todos co seu magnífico disfrace. Despois cantamos a canción dos
esqueletos.
Ao rematar o recreo, limos todas as nosas apócemas, mentres que os
profes botaban os ingredentes que cada un de nos dicía.
Acabado,
probamos todos a asquerosa
e repugnante gran apócema.
Que ben o
pasei este día!
👹A pandilla dos disfraces do Samaín
Autora: Zoe-5º
Eu para vir disfrazada de zombie tiven
que coller uhna camiseta, romper unas medias e una falda . A miña nai levou
moito traballo para cardarme o pelo e pintarmo cos espráis. Por último tiven
que coller un flish que era sangre e botarmo pola roupa e polo pescozo.
A festa do colexio pareceume moi
divertida e os disfraces dos meus compañeiros gustáronme moito porque eran moi
orixinais e tamen me gustaron os das
profes.
...A FESTA DO SAMÍN DO COLE , ENCANTOUME!
O SAMAÍN EN TOÉN
Autor: Gabriel-5º
A miña experiencia
nese día foi moi divertida e ao mesmo tempo terrorífica.
So tivemos unha
hora de clase, o resto do día estivemos a celebrar o Samaín. Xa facía tempo que sabía de que ía ir
disfrazado.
Cando chegou o día sinalado, a miña nai maquilloume e levoulle moito tempo.Deseguido púxenme o disfrace e marchei cara o colexio.
A festa que se
celebrou na escola, foi unha festa das que xamáis olvidarei.
Paseino xenial, xa
que xogamos todos xuntos, incluidos os mestres, ata a comida estaba
relacionada co Samaín.
Os meus
compañeiros tiñan uns disfraces moi aterradores. Había de todos os tipos: de zombies, de
vampiros, de muñecos diabólicos... Todos ían xenial.
Ese día foi dos
meus preferidos.
UN DÍA, ESPELUZNANTE!
Autor: Xan - 5º
O
día 28 de octubre do 2016, desperteime sobre as oito da mañá para
pintarme a cara de branco e porme o meu disfrace de Slenderman: unha
chaqueta de músico sen ombreiras, unha camiseta do día da bici dada a
volta, unha corbata feita con feltro vermello e unas media recheas de
algodón e cosidas a chaqueta.
Aquel día fixemos fotos, xogamos cos disfraces e incluso bebemos unha desagradable e asquerosa pócema.
Os disfraces dos meus compañeiros gustáronme moito e parecía que estaban tan ben traballados coma o meu.
Ah, si! A comida foi extraordinariamente repugnante, puagh!
A FESTA DO SAMAÌN
Autor: Marcos de 5º
O dìa 28 de outubre foi a festa do
SAMAÌN no colexio.
Ese dìa todos imos disfrazados de
cousas TERRORÌFICAS como zombis,vampiros...
Eu fun de Jeison. Para conseguir o
disfraz tiven que comprar unha màscara de porteiro de xockei ,despois fixen
unha gadaña e por ùltimo collín unha sudadeira con capucha.
No colexio ian uns disfraces
monstruosos e TERRORÌFICOS e moi ben feitos,e como todos os anos, e a profe Sali fixo o
mellor disfraz.
UN DÍA TERRORÍFICO
Autor: Hugo H.
A mín encantoume este día, por fin chegou o…SAMAÍN. O día
28 de Outubro do 2016 foi un día que nunca esquecerei!!!
Eu para vir disfrazado de
“Van Helmot” (Caza vampiros) tiven que coller unha chaqueta vella do meu pai e
recortarlle as mangas, despois busquei un sombreiro na maleta dos disfraces e un
pano para o pescozo. Ao final, a miña nai, colleu un cinturón e
púxolle un cartón con forma de balas por fóra.
Os disfraces dos meus
compañeiros, encantáronme !!
Foron moi CREATIVOS.
Tamén me gustou moito a comida con forma de arañas.
Foi un día FASCINANTE !!!!
A FESTA DO SAMAÍN
AUTOR: HUGO G.
O día de Samaín é dos máis divertidos do ano.
Todos fomos ao cole disfrazados e maquillados.
A profe Sali foi petando polas clases, abrindo
as portas e facendo ruidos para que parecese terrorífico.
Cando celebramos esta tradición ,as cociñeiras
sempre preparan una comida escalofriante, pero, a nós, parécenos moi divertido.
Este ano había ovos de tarántula e de postre arañas de patas vermellas.
Na festa que organizamos había desde mortos viventes
,vampiros , demos e moitos monstros.. Eu disfraceime de morto vivente e para
iso tiben que:
1_ Pintei
a cara de branco e uns retoques de vermello.
2_ Recortei una camiseta do meu pai para que
parecerá vella e rota.
3_ Por último pintei retoques na camiseta de
vermello e o pelo de cor laranxa.
Vese que todos gardan unha fantástica lembraza da celebración do Samaín, María. Unha aperta para todos.
ResponderEliminarOla eu son Zoe é a min encantáronme os escritos dos meus compañeiros.
ResponderEliminar