AÍ VEN A CASTAÑA
CON GRAZA SEN PAR
CORRENDO LIXEIRA
A NOS ATOPAR!
NO MAGOSTO DO COLEXIO,
ASAMOS MOITAS CASTAÑAS
CAENSE TODAS AS FOLLAS
E PINTÁMONOS A CARA.
FACEMOS UNHA FOGATA
TAN GRANDE COMA UN CAMIÓN,
COMEMOS AO AIRE LIBRE
E XOGAMOS CO CARBÓN.
O MAGOSTO O CELEBRAMOS
NO COLEXIO DE TOEN,
ASAMOS AS CASTAÑAS
E AS COMEMOS CON EFRÉN
FACEMOS A FOGATA,
E XA TEMOS AS CASTAÑAS.
COMEMOS UNHAS POUCAS
E CANTAMOS UNHAS SONATAS
FACEMOS UNHA FOGATA
E COLLEMOS O CARBÓN
PINTAMONOS A CARA
E XOGAMOS UN MONTÓN.
ENLARAFUZÁMONOS A CARA ,
E NINGUÉN NOS REGAÑA,
GÚSTANOS MOITO,
PORQUE FACEMOS TRASNADAS.
PINTÁMONOS A CARA
QUE COUSA TAN RARA!
... NOS XA REMATAMOS
E AOS MESTRES EMBORROAMOS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario