O OBXECTIVO DESTA ACTIVIDADE TAN DIVERTIDA FOI MEDIR A CAPACIDADE DOS NOSOS SENTIDOS E ADEMAIS SER CONSCIENTES DA INFORMACIÓN QUE NOS ACHEGA CADA UN DELES.
FIXEMOS ESTA ACTIVIDADE POR GRUPOS, desenvolvendo diferentes probas.
1º PROBA: A QUE SABE?
Preparamos alimentos ácidos, amargos, salgados e doces. Os nosos compañeiros cos ollos tapados e soamente coa axuda do sentido do gusto, tentaron de identificar os alimentos.
Os que máis alimentos recoñeceron foron os que identificaron ben catro alimentos e despois os que menos alimentos identificaron foron os que recoñeceron dous alimentos.
O sabor máis recoñecido foi o chocolate .
3º PROBA: TOCA,TOCA...
Seleccionamos distintos obxectos e os compañeiros que realizaban a proba, cós ollos tapados, intentaban identificar os obxectos coa axuda do tacto. Seleccionamos obxectos variados brandos, duros, suaves, rugosos...a nosa conclusión é que o que máis recoñeceron foi o xabón que ten unha textura suave e o que menos foi unha mandarina.
É o mellor do mellor.
ResponderEliminar