08/02/13

Entroido


QUE BO ENTROIDO!!!



OS CICLISTAS DE TOÉN DE TROULADA... E ...a pedais!!!


                                    LÚA

Icía
JULIO
IRENE
Lucía
SAÚL
AINHOA
JOSÉ VIDAL
IVÁN
SOFÍA

CANDELA
BAILANDO O TEMA CREADO POR SALI...IMOS A XOGAR!!!



E para rematar o video "IMOS A GAÑAR", ideado pola profe Sali e coa participación de todo o colexio!!!



07/02/13

XOVES DE COMADRES

No Ceip "Saco e Arce" de Toén hoxe , xoves día 7 de febreiro, CELEBROUSE o XOVES de COMADRES, un dos eventos máis tradicionais das festas do entroido OURENSANO.
Con este motivo, houbo regueifas e loitas tradicionais moi disputadas... desenrolando  unha simbólica guerra de sexos!!!

 PREPARADOS , LISTOS.....


AS COMADRES SON NOSAS, non nos as ides quitarrrrrrrrrr!!! 


A correr toca....saquémoslle aos nenos as comadres!!!






Mirade....xa lles quitamos algunha COMADRE!!!

MENUDA LIORTA OU REGUEIFA...!!!   




 Sí,sí....XA son nosas!!

Sondes unhas CAMPEONASSSSSSSSSSSS!!!

O PRÓXIMO ANO.....MÁIS!


04/02/13

ENTROIDO


OS MANDADIÑOS DE EFRÉN*


LUNS 4  FEBREIRO

Cal é a túa disciplina?
A competición comenza,
cinta deportiva,casco,viseira...
na cabeza porás!

MARTES 5  FEBREIRO

Xa estás clasificado!!!
Xa está feita a selección,
no corpo porás algunha prenda,
que che valga para a competición.

MÉRCORES 6 FEBREIRO

Estamos na final!
Todos os deportistas o cole virán,
con todo o equipo para a final.
Unha a unha engadirás
todas as prendas que trouxeches,
nin unha máis!

XOVES 7 FEBREIRO

Hoxe no cole aparecerás...,
vestido cun traxe
para despistar!!!

*Este entroido o noso colexio vaino adicar ao proxecto común de deportes que vimos desenvolvendo dende o principio de curso.O tema son os xogos olímpicos!






31/01/13

ENTROIDO 2013

HOXE,31 DE XANEIRO NO CEIP DE TOÉN,OS  NEN@S E MESTRES COMENZAMOS AS ACTIVIDADES DO ENTROIDO,Co XOVES DE COMPADRES. FIXEMOS A TRADICIONAL LOITA DE COMPADRES(REGUIFAS).

O VINDEIRO XOVES 7 DE FEBREIRO DE COMADRES, MÁIS ENTROIDO!!!PREPARÁDEVOS RAPACES!

Sabiades que o xoves de compadres e comadres realízase unha tradicional pelexa entre homes e mulleres?


Velaquí os compadres e as comadres DA NOSA AULA.

OS NOSOS BONECOS DE COMPADRES A PUNTILLO DE SAÍR A CORRER!!!


MIRADE COMO SE AGOCHAN PARA SACARLLES AS FEMIAS O BONECO!!!


A LOITA  por roubar os bonecos....


As nenas fabrican uns bonecos que representan aos homes e tentan queimalos, mentres os nenos loitan por llos roubar. Os homes fabrican uns bonecos que representan a unha muller e fan o mesmo. (Esta é unha das teorías que explican esta tradición, moi extendida pola provincia de Ourense)
Así, con esta festa contribuimos á conservación das nosas tradicións dunha maneira lúdica e pedagóxica.





30/01/13

 Hoxe , 30 de xaneiro, todos nós  fixemos un manifesto de PAZ


PARA NÓS A PAZ COMENZA POR:
  • A PAZ É  DAR AMOR , ALEGRÍA E CARIÑO.
  • É ALUMEAR ALÍ ONDE EU ESTÉ.
  • É NON FACER "GUERRA ENTRE NÓS".
  • SER AMABLE, RESPECTUOSO COS DEMAIS.
  • AXUDAR NO FOGAR AOS EUS PAIS.
  • DAR MOITOS BICOS.
  • E A TODOS COIDAR E MIMAR.     
  •  EU REGALAREI UN SORRISO AO QUE CHORA.
  • FAREI UN CÍRCULO MÁIS GRANDE PARA METER A TODOS NEL.
  • COMPARTIR TODO COS DEMAIS.
  • E....TODOS NÓS DICIMOS: QUE A PAZ SEXA UNHA REALIDADE   E NON SÓ UN SOÑO!!!!
...E despois xogos pola paz no patio!









A Paz é o camiño ... 

  • A verdadeira paz non é simplemente a ausencia de tensión, é a presenza de xustiza. (Martin Luther King).
  • Non hai ningún camiño cara a paz, a paz é o camiño. (Mahatma Gandhi).



Toma un sorriso, regálao a quen nunca o tivo.
Toma un raio de sol, faino voar alá onde reina a noite.
Toma unha bágoa, pona no rostro de quen nunca chorou.
Toma a Valentía, pona no ánimo de quen non sabe loitar!


21/01/13

IMOS TRABALLAR PARA A PAZ

Xa chega o Día da Paz e con esta efeméride un montón de traballo para a nosa aula. 



  E algo de música? "O mundo é grande",

 de Mamá Cabra.






E UN  DOS VALORES QUE QUEREMOS PARA NÓS , É:





E OUTROS SON: AMIZADE, BONDADE, COMPAÑERISMO, 

TOLERANCIA, ESPÍRITU DE EQUIPO, VALENTÍA, 

RESPONSABILIDADE...

26/12/12

PLAN PROXECTA

ÉRGUETE XA!!!
EDUCACIÓN PARA A SAÚDE




Dende a escola hai unha crecente preocupación pola vida sedentaria dos nosos alumn@s, xa  que entendemos que o   corpo  necesita  un  mínimo  de  actividade  física  diaria  para  manterse  en  forma e ter unha vida máis saudable.
 Vivimos  nunha  sociedade  na  cal, cada  vez, temos  máis  tempo  libre  e  de  lecer, pero este tempo utilizámolo  en  ver  a  televisión,  xogar  coa  videoconsola,  etc, e dedicamos menos para facer unha actividade física adecuada, o  cal nos  leva  irremediablemente  ao  sedentarismo, que  se  caracteriza  pola  ausencia de  actividade   física  e  os  problemas  que  iso  acarrea aos nen@s.
Neste curso estamos a participar no  Plan Proxecta. O noso proxecto leva por título: Erguete xa!
Un dos obxectivos que estamos a traballar na aula é que os nen@s coñezan e usen os movementos motrices, perceptivos e sensitivos como medio de distrute corporal e de benestar na súa vida cotiá.



24/12/12

Nadal en movemento!

Este curso estamos a participar no Plan Proxecta
O noso proxecto leva por título: Erguete xa!


Este son os nosos desexos para un NADAL en MOVEMENTO


15/12/12

UNHA MANUALIDADE NO NADAL


PEQUENAS COUSAS E GRANDES SOÑOS....ASÍ NÓS CELEBRAMOS A CHEGADA DO NADAL, APRENDENDO, COMPARTINDO E VALORANDO AS COUSIÑAS SINXELAS QUE  FACEMOS!!!

MENUDA ALGARABÍA!!!