29/10/13

Samaín 2013

Estes son os doces dos que disfrutamos hoxe pola mañá...que ricos  estaban...uhmmmm canto nos souperon!
É que a mamá de Candela, Raquel, ben sabe o LARPEIROS que NÓS somos, e como andamos a facer un conto de monstros , ela quixo animarnos e...aí está a súa obra!
                              BICOS RAQUEL

Pero nós tamén andamos a mergullarnos no mundo dos monstros para facer un conto colectivo...e claro o traballo de ilustración é moi importante. Estes son algúns dos abraiantes debuxos que fixemos.... é que saber   e entender de monstros é complicado!


Xa vos iremos informando




21/10/13

Título de secuencia didáctica: A nutrición
Nivel Educativo: Segundo ciclo de Primaria 
Disciplina: Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural

A Nutrición



                                                                       Alimentación e saúde


  

23/09/13

O Tempo atmosférico


Qué é o Tempo ?

O Tempo atmosférico é o  estado da atmósfera nun lugar e momento concretos.

 Exemplos:     

  • "Hoxe en Ourense o tempo é caluroso".
  •   "Hoxe en Toén o ceo está cuberto de nubes,  pero non chove"


Entón para dicir como é o TEMPO dun lugar hai que mirar a atmósfera e  ter en conta : as nubes, o vento, as precipitacións (das nubes cae a chuvia, a neve, a sarabia) e as temperaturas.

    O tempo pode cambiar dun día a outro e é moi diferente dunhas estacións a outras.
 Observade o debuxo anterior:como podedes comprobar o tempo varía segundo as estacións do ano , pero tamén pode cambiar dun día para outro, e ata no mesmo día.

 A meteoroloxía é a ciencia que estuda os fenómenos atmosféricos (vento, chuvia, neve, sarabia…) e o mecanismo que os produce, intentando a súa predición.
E a persoa encargada de estudar o estado da atmósfera e predicir o tempo atmosférico chámase : meteorólogo.

Reflexión

  1. Será beneficioso para nós coñecer as predicións meteorolóxicas con antelación???
  2. Cómo afecta o tempo as nosas vidas diariamente? Por exemplo, que tipo de roupa  pos, actividades nas que participas ao aire libre, etc.?



Espero as vosas respostas!!!
María




13/09/13

Comenzamos o curso con LARPEIRADAS!

DENDE LOGO SOMOS UNS LARPEIROS!
HOXE LÚA  SORPRENDEUNOS CUN DOCE DE "RECHUPETE".
TROUXO UNHA EXQUISITA TARTA PARA FESTEXAR O COMENZO DO CURSO.
UMMMMMMMMMMMMMM QUE RICA ESTABA!



Gracias Lúa e Minerva polo voso agasallo tan saboroso!




11/09/13

2º CICLO DE PRIMARIA 2013/ 14



Comeza un novo curso e deséxovos que sexa un ano cheo de novos e bos  aprendizaxes  , onde día a día compartiremos moitas experiencias que nos axudarán a crecer  e a compartir.

E como setembro é momento de bos propósitos e de querer mellorar o noso día a día... comencemos por   ler moitos e divertidos libros,  traballar a nosa imaxinación  e disfrutar da volta ó cole.


         Moi bo curso 2013-2014 para tod@s vós

2º CICLO DE PRIMARIA 

10/09/13

BENVIDOS Ó CURSO 2013/ 14


OLA POETAS...!

Benvidos  a un novo curso cheo de novidades.

 Este ano entre tod@s gozaremos de novas experiencias, e comenzaremos unha nova viaxe na que adquiridedes novos coñecementos, conseguiredes acadar novas metas e tamén   novas historias : facendo e aprendendo!

BICOSSSSSSSSS, María



HORARIO

As clases darán comezo o mércores día 11 de setembro. O horario deste día será de 10.15 a 12.45. Haberá transporte escolar.


28/06/13

DOS CASULOS XA SAIRON BOLBORETAS!!


OLAAAAAAA!!! 
CÓMO VAN ESAS VACACIÓNS, NEN@S?

POIS  EU TEÑO UNHA BOA NOTICIA PARA VÓS...COMO EU QUEDEI GARDANDO A NOSA CLASE O LUNS HABÍA UNHA BOLBORETA QUE SAIRA DO ÚNICO CASULO QUE DEIXASTEDES.
SE MIRADES A FOTO PODEDES CONTEMPLALA .
MIRADE, MIRADE COMO É...PELUDIÑA, PEQUERRECHA...
E TAMÉN SEI QUE DO CASULO DE LÚA XA SAIU A BOLBORETA  , XA QUE ME MANDOU A SEGUINTE MENSAXE Ó MEU CORREO:
"Hola María, o martes a noite eclosionou o verme  e saiu unha bolboreta branca e peludiña, quereme moito e cando cheguemos a Ourense mandamosche unha foto"
GRACIAS LÚA

E esta é a foto da bolboreta de Lúa:

Dime Lúa o seguinte:" María, eu xa sei un nome:
 Branquiña 2º"
Que nome máis bonitiño!!!
Queda nomeada!!!
Boas vacacións


24/06/13

Fin de Curso e de Ciclo

Para vós...que estades aprendendo a VIVIR ...

Recordade sempre que todo é posible,

hai que intentalo!

BICOS 

a "profe"MARÍA

11/06/13

O TEMPO PASA...

COMO PASA O TEMPO QUERIDOS NEN@S.
SE MIRADES AS IMAXES VEREDES QUE XA SONDES MAIORES..,
XA PROMOCIONADES PARA O 2º CICLO!!!
UFFFFFFFFFFFFFF!!!!

E COMO O CURSO VAI CHEGANDO Ó SEU FIN, POIS VAI UNHA DE...

 ESA BANDADA...?

"NA CLASE DA PROFE MARÍA, 
HAI UNHA BANDADA ESTUPENDA.
GÚSTALLE DEBUXAR, IMAXINAR E CONTAR LENDAS,
E TAMÉN ESCRIBIR  NA AXENDA,
AS SÚAS  RIMAS E DEMAIS "REPRENDAS".
 QUE BANDADA TAN TREMENDA! "


10/06/13

O bloguesquio Peón de Prata!


O bloguesquio da biblioteca do Ceip "Saco e Arce" de Toén, foi nomeado PEÓN de PRATA nos premios Espiral Edublogs
Foi o  segundo mellor blog de toda España... e parte do estranxeiro... 
NORABOA a CARMEN a coordinadora da nosa biblio e 
tamén a tod@s os alumn@s .










04/06/13

Excursión a Marcelle

Excursión a Marcelle

Noticia, noticia..."bla,bla"

Esta mañá ao chegar ao cole tivemos unha gran sorpresa: un dos nosos vermes de seda fixo o seu casulo!!!

...e din que o casulo do verme da seda consta dunha febra que mide máis de mil metros!!!


E hoxe día 5 de Xuño ...xa van tres casulos!!!Como medran !!!



Ja,ja,ja...mira profe como "encasulan"