Free Dot2 Lefty - Pointer 1 Cursors at www.totallyfreecursors.com

25/11/12

Teatro - TITIRICIRCUS


O próximo luns iremos ver unha obra de títeres ao AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE 
de "Tanxarina Títeres"

 Será unha lembranza fantástica do gran circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con monicreques de fíos e traballo cómico as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa esmorecido: o home máis forte da península ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo e durante unha hora TODOS NÓS... estaremos no circo! 


...E NÓS FIXEMOS UN OBRADOIRO DE MONICREQUES. ...

AHÍ VAN OS NOSOS TRABALLOS!











A DIXESTIÓN

20/11/12

20 de Novembro. Día Universal do nen@

DÍA UNIVERSAL DO NEN@

«Todos fomos nen@s algunha vez. E todos desexamos por igual o benestar dos nosos nen@s,que sempre foi e seguirá sendo o anhelo máis universal da humanidade».

Hoxe, 20 de novembro, celébrase o Día Universal do Neno. Nesta data commemórase a aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Realízanse actividades para promover o benester de todos os nenos do mundo e reclámase que se cumpran os dereitos que todos, absolutamente todos os nenos, posúen. 

DEREITOS:

1. Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2. Dereito a unha protección especial para que poidan crecer física, mental e socialmente sans e libres.
3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas.
5. Dereito á educación e atencións especiais para os nenos física ou mentalmente diminuídos.
6. Dereito á comprensión e amor por parte das familias e da sociedade.
7. Dereito a unha educación gratuíta. Dereito a divertirse e xogar.
8. Dereito a atención e axuda preferentes en caso de perigo.
9. Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo.
10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidaridade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo.



19/11/12

OS POLÍGONOS


UN POLÍGONO É UNHA FIGURA  PLANA  CON LADOS RECTOS, E NOMEÁNSE POLO NÚMERO DE LADOS QUE TEÑEN : triángulo(3 lados); pentágono (5 lados)...

FIXÁDEVOS  NESTES POLÍGONOS E DESPOIS XOGADE A CLASIFICALOS...



07/11/12

As nosas receitas con castañas.Tempo de castañas e magosto

 As castañas son un alimento moi nutritivo que nos enche de enerxía na época de frío. E que mellor opción para consumilas, que introducilas nas nosas sobremesas.

Os nenos e nenas de 2ºcurso  do CEIP "Saco e Arce" de Toén, seguiremos nestas datas de MAGOSTOS informándovos das nosas riquísimas receitas....!



Receita de castañas ao forno


 Asar castañas é un plan ideal para facer cos nenos/as. É a época do ano en que nos encanta saír a pasear con eles e recoller castañas. Logo cando volvemos á casa chega a segunda parte da diversión: asalas ao forno! Como o pasan os nenos e nenas  esperando as castañas e logo coméndoas! 
Preparación.Prequecer o forno a 200ºC mentres facedes un corte a cada castaña para que non estalen no forno. É unha incisión que debedes practicar do tamaño dunha pequena uña, lateralmente coma se foses a pelar unha pataca. O corte debe atravesar a pel exterior e a interior, pero apenas rozar o froito. Procura non arrancar a pel, só un pequeno corte para que non se inche e estale. Colócaas na bandexa de forno sen amorear e enfórnaas durante ½ hora. Comproba que estean feitas agarrando unha cunha luva de forno, se cede á presión da man significa que xa están listos. Coidado con probala, evidentemente, queima!

A degustación :  RICAS, RICAS!


 A Torta de castañas e chocolate

Os ingredientes: 600 gramos de castañas crudas peladas, 150 gramos de azúcre, 50 gramos de manteiga, 4 ovos, 1 chisquiño de licor, 1 culleriña de cacao en po, un chisco de sal, 1 limón e 1 cullerada de azucre glass.


A preparación

Coce as castañas en auga salgada uns 25 minutos, escórreas e pásaas polo pasador de puré cando aínda estean quentes.Separa as xemas das claras e trabállaas co azúcre e a manteiga amolecida ata obter unha crema fina. Engade un pouquiño licor, o puré de castañas, o cacao e a pel relada do limón.
Monta as claras a punto de neve cun chisco de sal, e agrégaas devagar á mestura anterior, batendo coas varas de abaixo a arriba.

Pon o forno a quentar 190ºC e unta con manteiga o molde da torta. Verte o composto no molde e introdúceo no forno durante 1 hora. Fai a proba do escarvadentes para comprobar que está ben feito. Déixao arrefriar, desmolda o e adórnao con azúcre glass, tamén se queres, pódelo acompañar de nata ou chocolate quente.

A degustación: O sublime non ten nome nin explicación, vós encontrádela?

...E como xa chega o nadal, imos practicando:




Colaxe de follas secas

Colaxe de follas secas, para disfrutar creando  en familia




As follas deben estar completamente secas, debes coleccionalas de diferentes tamaños, formas e cores, para ter variedade de opcións. Ao mirar as follas, debemos miralas como cando se miran as nubes, tratando de ver as formas que se desprenden ou qué se poden encontrar nelas. O só exercicio de clasificalas e de imaxinar que animais ou obxectos podemos construír con elas, en si mesmo é unha preparación para a fantasía. Organizar as follas sobre o papel para ver a forma en que mellor se adaptan á figura e logo imos empezando a pegalas seguindo unha orde.