27/01/16

Un Clan Castrexo


O noso  CLAN  procede dunha rama  familiar común  do CASTRO DE TOENIUS.
Temos  nomes esquecidos baixo o peso dos tempos...pero  na actualidade reviven gracias aos moradores deste singular castro.  

Nel a vida é  pacífica , adicámonos a gandería e ao pastoreo  e tamén sementamos patacas e viño. Algúns de nós imos á caza do cervo e do xabarín e tamén baixamos a pescar ao Miño. Todo discorre de forma pacífica....pero estase a achegar as datas do entroido...e a PAZ no castro anda revolta....
Os castrexos de Toenius 
Os castrexos de Toenius on PhotoPeach


13/01/16

UNHA DE POETAS!


A poesía na  escola estimula a creatividade, a comunicación e a expresión e nós a utilizamos para expresar as nosas emocións, aumentar o noso léxico e disfrutar creando.
 

AROA.  A FLOR
A flor brota e brota no xardín,
e ten un río sin fin.
E moi bonita a flor que reposa no xardín
pero algún día terá fin,
e a atmosféra do planeta,
e a máis bonita do mundo.

Gabriel. O MAR 
Sentado estou mirando o mar , 
vendo as ondas pasar , 
as gaivotas revolotean polo ceo , 
todas xuntiñas véxoas voar .
Esta paisaxe é maravillosa , 
se ti a vises dirías o mesmo ,
se queres compártea comigo , 
e xuntiños facémonos amiguiños.
Marcos.  ABELLA
Abella,bella,bella
que faría eu sen ti.
Eres amarela e negra.
Fas florecer campo.
QUE FARÍA SEN TI.
 
Zoe.  AS ÁRBORES
As árbores móvense co vento, 
no outono caenlle as follas,
no verán podense secarse,
na primavera crecenlles as flores,
 é no inverno estan sen follas .
XAN.  O Xardín
Un xardín grande coma unha casa
que todos os veciños regan.
Hai fermosas flores, 
situadas nas suas fronteiras.
Hai prantas de todas as formas
e flores de todas as cores,
prantas grandes e pequenas 
e herbas, arbustos e arbores.

Joel .  No  mar
Sentado  nesta  area  fina e quente
vexo  este  mar  transparente  e  moi  tranquilo,
serpenteando    as  suas  ondas
como  despedindose  de   min
neste  atardecer tan  dulce
que  xa  non  volverei  a  ver   ata  o  verán.

CANDELA. AS NUBES 
As nubes son esponxosas,
e tamén un pouco choronas.
Estas señoras,
son moi cómodas,
viven no ceo,
e os problemas,
PARA FÓRA!!!
HUGO HERVELLA. O SOL
Dende a súa granxa
observa o Sol sair.
Todos os días o mira
con esntusiasmo e moita ledicia.
Hoxe saerán os froitos.
e terá que regar .
Que sorte ten MARÍA!
A GRANXA E O SEU LAR!
HUGO GALLEGO. O SOL

O SOL é fermoso,

E moi luminoso.

Sae por o día e marcha pola noite.

¡Oh sol sol meu!

 Que faria eu sen  a túa luz e o teu calor.

Ilumínasme desde que naces,

ata que te agochas.

E cando ti te agochas sae a túa irmá nocturna

A LÚA.
AARÓN.  FALAR
Falaballe o vento,
falaballe a flor,
coa cadencia que,
ten o susurro de amor.

10/01/16

ENTRE VIÑETAS


Entre viñetas é o proxecto documental que estamos a desenvolver este curso no cole. Nós, a clase de 4º escollemos a banda deseñada de  OS BARBANZÓNS de Pepe Carreiro.Queremos coñecer como vivían, os seus costumes e tradicións.

Alumn@s de 4º: 

"Sempre resulta de interese coñecer como vivían os nosos devanceiros.  Coñeceremoss máis datos a medida que avancemos nas nosas investigacións.

 


















NESTES INTRES ANDAMOS A DOCUMENTARNOS E XA FIXEMOS O NOSO CASTREXO DE TOÉN , NO QUE REPRESENTAMOS A NOSA VISIÓN DO QUE É UN CASTREXO, UN HOME QUE VIVÍA  NA IDADE DO FERRO,  E QUE NO DÍA A DÍA  DESENVOLVÍA OS SEUS TRABALLOS  DE AGRICULTOR  NA PEQUENA ALDEA NA QUE VIVÍA. ERA UN CAMPESIÑO  QUE CULTIVABA CEREAIS, RECOLLÍA FROITOS SILVESTRES E COIDABA O GANDO E PRACTICABA A METALURXIA DO BROCE E MAILO FERRO.  TAMÉN ERA GUERREIRO.....PERO XA VOS IREMOS CONTANDO....NÓS...CONTINUAREMOS INVESTIGANDO!!!"