Blogue de aula dos alumn@s de PRIMARIA do Ceip "Saco e Arce" de Toén- Ourense. Esta xanela pretende ser un lugar para compartir, para xogar e imaxinar e un lugar onde plasmar o acontecer da nosa aula, todo iso sen esquecer o noso obxectivo principal:APRENDER, CONVIVIR E COMPARTIR!
17/11/12
16/11/12
12/11/12
10/11/12
07/11/12
As nosas receitas con castañas.Tempo de castañas e magosto
Os nenos e nenas de 2ºcurso do CEIP "Saco e Arce" de Toén, seguiremos nestas datas de MAGOSTOS informándovos das nosas riquísimas receitas....!
Receita de castañas ao forno
Asar castañas é un plan ideal para facer cos nenos/as. É a época do ano en que nos encanta saír a pasear con eles e recoller castañas. Logo cando volvemos á casa chega a segunda parte da diversión: asalas ao forno! Como o pasan os nenos e nenas esperando as castañas e logo coméndoas!
Preparación.- Prequecer o forno a 200ºC mentres facedes un corte a cada castaña para que non estalen no forno. É unha incisión que debedes practicar do tamaño dunha pequena uña, lateralmente coma se foses a pelar unha pataca. O corte debe atravesar a pel exterior e a interior, pero apenas rozar o froito. Procura non arrancar a pel, só un pequeno corte para que non se inche e estale. Colócaas na bandexa de forno sen amorear e enfórnaas durante ½ hora. Comproba que estean feitas agarrando unha cunha luva de forno, se cede á presión da man significa que xa están listos. Coidado con probala, evidentemente, queima!
A Torta de castañas e chocolate
Os ingredientes: 600 gramos de castañas crudas peladas, 150 gramos de azúcre, 50 gramos de manteiga, 4 ovos, 1 chisquiño de licor, 1 culleriña de cacao en po, un chisco de sal, 1 limón e 1 cullerada de azucre glass.
A preparación :
Coce as castañas en auga salgada uns 25 minutos, escórreas e pásaas polo pasador de puré cando aínda estean quentes.Separa as xemas das claras e trabállaas co azúcre e a manteiga amolecida ata obter unha crema fina. Engade un pouquiño licor, o puré de castañas, o cacao e a pel relada do limón.
Pon o forno a quentar 190ºC e unta con manteiga o molde da torta. Verte o composto no molde e introdúceo no forno durante 1 hora. Fai a proba do escarvadentes para comprobar que está ben feito. Déixao arrefriar, desmolda o e adórnao con azúcre glass, tamén se queres, pódelo acompañar de nata ou chocolate quente.
A degustación: O sublime non ten nome nin explicación, vós encontrádela?
...E como xa chega o nadal, imos practicando:
05/11/12
03/11/12
25/10/12
Samaín
Actividade Lim que se pode facer en galego ou castelán
![]() |
Premade aquí para facer a actividade
INVESTIGANDO...
Chega o outono e con él as castañas, as cabazas e demás froitos do outono ; tamén chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e acércase o inverno, vaise a calor e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín.
Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros.
Os avós lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles uns pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar ós viandantes.
|
18/10/12
E agora, como quen canta os males espanta imos escorrentar o medo cantando. Ánimo e A CANTAR!!
Letra da canción
"Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.
Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.
Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.
Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.
COMO SE TALLA UNHA CABAZA?
1.- Escolle a túa cabaza. O tamaño
non importa pero procura que estea
máís verde que madura. Durará
máis tempo.
2.-Coa axuda dun familiar maior
corta a parte superior da cabaza e
gárdaa. Servirache de tapa.
3.-Colle unha culler e valeira o interior
da cabaza. Límpaa moi ben
para que quede só a tona dura do
exterior.
4.-Talla unha cara que produza moito
medo. Cun coitelo ide tallando
os ollos, o nariz e a boca.
CHEGOU O SAMAÍN
Chega o outono, e con el o tempo das castañas, das noces, do vento,das follas secas e dos días escuros. É tamén chegan os días que na escola os rapaces fan as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos nosos antepasados celtas.
Hoxe en día xa non se practican tales crenzas, máis ao longo do tempo mantívose un
costume derivado destas: tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha
candea no seu interior.
![]() |
| PREMADE AQUÍ PARA XOGAR AO SAMAÍN |
![]() |
| PREMADE AQUÍ E A XOGAR! |
14/10/12
CHEGOU O OUTONO
![]() |
| O OUTONO-http://dl.dropbox.com/u/14722558/ACASTANA/castana.html |
Premade na imaxe para poder xogar
19/09/12
Nós, os e as ciclistas
O curso de 2º de primaria do CEIP "Saco e Arce" imos chamarnos o grupo dos e das CICLISTAS!!! Este foi o deporte olímpico que democraticamente foi o máis votado por todos nós e o que máis nos gustou.
18/09/12
Orixen dos Xogos Olímpicos
Neste capítulo Tina mostraranos a orixe dos Xogos Olimpicos. Daremos un paseo por Grecia montados a lombos de Pegaso, e coñeceremos aZeus, Alejandro Magno, Aristóteles, veremos o Monte Olimpo, o Partenón, e moito máis...Espero o disfrutedes!!!
13/09/12
Xa estamos de volta..!
Con Efrén nos xogos olímpicos
10/09/12
Benvid@s ao novo curso 2012/2013
IDE COLLENDO FORZAS
Ola!!
Que tal pasáchedes o verán? Espero que xenial!!! Pois ide collendo forzas porque os/as prof@s estamos preparando todo para que este ano aprendamos moitísimo, e tamén para que o pasemos moi ben.
Xa non queda nada!!! Non vos esquezades de ir adestrando iso de madrugar, e xa toca acostarse máis cedo, que tedes que ter as pilas ben, ben cargadiñas para comenzar a escola.
As clases darán comezo o día 12 de setembro, o horario deste primeiro día será de 10.15 a 12.45. Os autobuses funcionarán do mesmo xeito ca o curso anterior, sairán da 1ª parada de cada ruta 1/2 hora antes da entrada.
A partir do 13 de setembro e durante todo o mes o horario será de 9.15 a 15.00.
O horario de outubro a maio será de 9.45 a 16.00 h.
Bicos e vémonos o mércores!
A profe María
06/09/12
22/08/12
04/07/12
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















