08/03/12

Como pasa o tempo!!

Neste video poderedes ver como vai pasando o tempo. Dende o principio do curso  ata agora aconteceron xa moitas cousas!
 Un tempo no que fomos adquirindo novas  habilidades, aprendendo autonomía,compartindo traballos e xogos , en definitiva, facéndonos maiores... 
E é que o tempo pasa...voando!!

02/03/12

Coñecemos as plantas

CLIC-COÑECEMOS AS PLANTAS 













XOGA A FACER  UN TERRARIO CON AXUDA DOS TEUS PAIS!

PARA FACER O TERRARIO PRECISAS TER UN RECIPIENTE TRANSPARENTE DE CRISTAL.
PIDE AXUDA E ... PON MANS A OBRA: 
"CUBRE O FONDO CUNHA POUCA DE GRAVA OU  CAPA DE PEDRAS PEQUENAS. 
DESPOIS ENGADES ENTRE 5 E 7 CM DE TERRA.
 LOGO COLOCA ALGUNHAS PLANTAS PEQUENAS PARA PLANIFICAR A SÚA COMPOSICIÓN. PROCURA QUE ESTAS REQUIRAN DO MESMO COIDADO COMO A CANTIDADE DE HUMIDADE PARA QUE O TERRARIO PROSPERE . LOGO COLOCA O TERRARIO NUN LUGAR CON LUZ INDIRECTA, XA QUE O SOL AS PODE QUEIMAR DOADAMENTE. 
CUN ATOMIZADOR REGA AS PLANTAS E A TERRA. CONSERVA O TERRARIO CON SUFICIENTE HUMIDADE PARA QUE PROSPERE.
 E ...A CONTEMPLAR A TÚA OBRA DE ARTE.

Os nosos terrarios van pouquiño a pouco medrando!


17/02/12

Entroido 2012

¡BENQUERIDOS PALLASETES,
ide ensaiando para o desfile do entroido!
¡COMPAÑÍA!



Chu chu uá, chu chu uá
Chu chu uá, uá, uá
Chu chu uá, chu chu uá
Chu chu uá, uá, uá

¡Compañía!
brazo extendido,
puño cerrado,
dedo hacia arriba,
hombros en alto,
cabeza hacia atrás,
culete hacia atrás,
pie de pingüino,
lengua fuera,

dadadá dá dá …


13/02/12

PALLASOS CÉLEBRES

...E SEGUIMOS TRABALLANDO O MUNDO DA FANTASÍA. VAI UN CONTO DE PALLASOS.  CHARLIE RIVEL  


Charlie Rivel é o nome artístico de Josep Andreu i Lasserre, pallaso catalán que naceu en Cubelles, provincia de Barcelona (España), o 24 de abril de 1896 e falecido en Sant Pere de Ribes o 26 de xullo de 1983, foi un dos pallasos máis famosos da historia do circo. Os seus pais foron artistas de circo tamén. A partir de 1954 converteuse nunha das estrelas do Circo Price.
Unha das anécdotas máis entrañables é a de cando entrou na pista do circo e aínda non empezara a súa actuación cando un neno empezou a chorar desesperadamente (probablemente era a primeira vez que vía un pallaso). Charlie non podía empezar a súa actuación pois o público estaba máis pendente do escandoloso choro do neno que do pallaso. Charlie achegouse cautamente cara ao neno para facerlle unha caricia e intentar calmalo, pero o efecto foi o contrario e o neno empezou a chorar aínda con máis forza entre as risas medio divertidas medio conmovidas do público adulto. Rivel, profundamente coñecedor da psicoloxía infantil, retirouse cara ao centro da pista e empezou tamén a chorar, desconsoladamente, solidariamente. Con iso abondou. O neno calouse no acto, cuns ollos abertos como laranxas pola sorpresa de ter descuberto que aquel ser vermello e ameazador sabíase expresar tamén coa súa mesma linguaxe tan transparente e directa: o choro. E Rivel continuou chorando. Cando, aínda choroso, volveuse achegar cara ao neno, xa totalmente calmado e mirándoo electrizado, a criatura sacouse o chupete da boca e deullo a Charlie, nun acto de solidariedade primixenia. O choro de Rivel esgotouse e o público arrancou en aplausos. O pallaso aceptou o ofrecemento do neno e, hoxe, aquel chupete histórico consérvase entre as vitrinas do Museo Charlie Rivel de Cubelles.




08/02/12

Xa é tempo de entroido

Este ano imos adicar o noso entroido ao tema do CIRCO.
 Utilizaremos o circo como eixo canalizador dos aprendizaxes porque as actividades que nos proporciona este medio favorecen o desenvolvemento da imaxinación , e ademais permiten identificarse con diversos personaxes como os pallasos, os malabaristas, os trapecistas, os domadores, as fieras... Qué divertido!
 Nós, os do  1º ciclo de Primaria ímonos disfrazar de pallasos. Estamos ideando o noso disfrace, que debe ser moi económico...pero divertido...xa casi o temos. Informaremos axiña!!!

27/01/12

NÓS QUEREMOS A PAZ

"O obxectivo de TODOS NÓS é facer do noso centro escolar un espazo de reflexión sobre os nosos dereitos e os dereitos das demais persoas, nun marco participativo e interactivo, no que os alumnos adquiran unha educación baseada na Cultura da Paz, e que manexen no seu ámbito diario as verbas: tolerancia, solidariedade, interculturalidade, solución pacífica aos conflictos...Un saúdo. María

DEIXO O LINK A PÁXINA DA NOSA BIBLIO, NA QUE SE DETALLAN  AS ACTIVIDADES "SEMENTANDO A PAZ" QUE ESTE ANO FIXEMOS:
CLIC: Bloguesquio

13/12/11

La centena

Clic : Las centenas
Para los de segundo, con ayuda de papá o mamá.

UNIDADES Y DECENAS

JUGAMOS CON LAS UNIDADES Y DECENAS
CLIC AQUÍ PARA ENTRAR EN EL JUEGO
Para los de 1º (de  repaso para los de 2º ) este juego os ayudará a practicar la decena y las unidades. 
A  jugarrrrrrrrr!