21/05/19

Romaría das Letras Galegas 2019


A celebración da Romaría das Letras Galegas xa é tradicional na nosa escola, e  enmárcase dentro do proxecto de posta en valor da nosa lingua e tradicións  entre toda a  comunidade educativa, como un elemento de unión , relación e diversión. Disfrutemos pois da lingua e da creatividade dos alumnos de 4°.

PARODIA: "A CABEZA NON PARA"


BAILE: O POUSA



19/05/19

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria realizaron esta semana un obradoiro de primeiros auxilios a cargo de varias técnicas de emerxencias sanitarias e traballadoras  do Sergas. Nel aprenderon diversas cousas como:
- Chamar ao 112 en caso de calquera emerxencia.
- Colocar a unha persoa na postura de seguridade.
- A maniobra de Heimlich.
- Manobra de reanimación cos seus compañeiros.
- Practicar a RCP.

Agora xa podemos estar seguros con eles no cole!! 


18/05/19

Nós con Braulio Tuber

Braulio Tuber

CEIP Saco e Arce de Toén

Alumnos e alumnas de 3 e 4 de E. Primaria


"Os traballos no campo"


Preme para ver o vídeo: tvg/Braulio-Tuber








26/04/19

Nós tamén creamos: MAKING OF DA CURTA " MARUXA"



Do conto á curta. A dinamización do galego a través da creación audiovisual

Resultado de imaxes para cine gif animadoPROXECTO DE TRABALLO:

Curtametraxe audiovisual coa técnica do stop motion 


TRABALLO COLABORATIVO DOS ALUMNOS DE 2º, 3º E 4º DE E.P. DO CEIP SACO E ARCE DE TOÉN


   "Nós tamén creamos!" é un programa de promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ás aulas. 

Seguimos durante este curso 2018/19 traballando sobre o cinema, pero dende outra perspectiva: queremos aprender a facer CURTAMETRAXES e para elo estamos aprendendo a crear un guión, diálogos, secuencias e escenas, decorados, personaxes, iluminación... Neste vídeo veredes como vai tomando forma o noso proxecto da curta na que andamos moi , moi atarefados todos nós... tanto que todo é curtametraxe , gravacións , decorados... Cando rematemos xa publicaremos a nosa curtametraxe de animación coa técnica de animación stop motion. Agora publicamos un video de como vai o proceso de creación ou making of.  Xa case o temos rematado.


27/03/19

TRABALLANDO COAS NOTICIAS

ESTE CURSO NÓS SEREMOS UNS XORNALISTAS DE PRIMEIRA. PARTICIPAMOS NO CONCURSO " MELLOR XORNALISTA XUVENIL" DA VOZ DE GALICIA.
BASEÁNDONOS NUNHA NOTICIA IMPRESA NO DIARIO ,NÓS FIXEMOS DESA NOTICIA  UNHA PROPIA.
ESCRIBIR BEN É A NOSA MÁXIMA PREOCUPACIÓN, XA QUE UTILIZANDO UNHA BOA ORTOGRAFÍA E GRAFÍA A NOSA MENSAXE CHEGARÁ A TODOS OS QUE NOS QUEIRAN LER.
AHÍ VAN AS NOSAS MOI TRABALLADAS  NOTICIAS.









12/03/19

Traballando cós xornais


Imaxe relacionada


Durante a semana da prensa, nós estamos aprendendo a  ser uns bos xornalistas e claro ,comezamos por familiarizarnos coa lectura e manexo dos xornais.


Despois de familiarizarnos cós xornais ,fixemos unha actividade de intentar crear uns titulares interesantes coas palabras e títulos que veñen nos xornais. Sabemos que os titulares son a carta de presentación dunha noticia e que  pretenden que o lector se entere pronto e con claridade da noticia, ademais de motivar a lela.



Imaxe relacionada







07/03/19

ENTROIDO 2019

O venres 1 de marzo  celebramos na nosa escola o  tradicional   FESTIVAL DO ENTROIDO, este ano adicado ao CINE.

Nós, os de 4ºEP, representamos a película de GREASE...claro que ao noso" aire". Fixemos moitas cousiñas, como  dramatizar, cantar, expresar, comunicar, crear , cooperar, bailar....  No seguinte vídeo, pódese ver o ben que o pasamos e o moito que disfrutamos.





25/02/19

DÍA DE ROSALÍA 2019

...E NÓS SEGUIMOS CÓS TRABALLOS EN EQUIPO , E  ASÍ EN MOI BOA COMPAÑÍA DOS NOSOS COMPAÑEIROS DE 3º EP, CONMEMORAMOS UN ANO MÁIS O DÍA DA NOSA BENQUERIDA ROSALÍA.
FIXEMOS CALIGRAMAS COS POEMAS DE ROSALÍA. FOI UNHA INTERESANTE EXPERIENCIA: DEBUXAR, RECITAR, RIR, APRENDER...






19/02/19

Información Nutricional

Imaxe relacionada

Cómo ler as etiquetas dos alimentos

  

  As etiquetas dos alimentos conteñen información sobre a cantidade de calorías, porcións e datos nutricionais dos alimentos. Lelas axudános a ser consumidores máis informados nutricionalmente.

   Con esta tarefa cooperativa, formado por equipos mixtos de alumn@s de 4º e 2º de E.P. ,tratamos de identificar os aspetos básicos da información nutricional dos produtos que consumimos. 
    Levar unha dieta saudable favorece a boa saúde, polo que debemos alimentarnos correctamente é tomar  os alimentos que nos proporcionan todos os nutrientes que necesita o noso corpo.


ACTIVIDADE: LATA DE MEXILÓN de Galicia, ó natural

(Trátase dun produto con baixo contido en grasas e alto contido en proteínas que ademáis é fonte natural de vitaminas e de sales minerais ).







29/01/19

XOGANDO COS SENTIDOS

O OBXECTIVO DESTA ACTIVIDADE TAN DIVERTIDA FOI MEDIR A CAPACIDADE DOS NOSOS SENTIDOS E ADEMAIS SER CONSCIENTES DA INFORMACIÓN QUE NOS ACHEGA CADA UN DELES.

FIXEMOS ESTA ACTIVIDADE POR GRUPOS,  desenvolvendo diferentes probas.

1º PROBA: A QUE SABE?

Preparamos alimentos ácidos, amargos, salgados e doces. Os nosos compañeiros cos ollos tapados e soamente coa axuda do sentido do gusto, tentaron de identificar os alimentos.
Os que máis alimentos recoñeceron foron os que identificaron ben catro alimentos e despois os que menos alimentos identificaron foron os que recoñeceron dous alimentos.
O sabor máis recoñecido foi o chocolate .
Utilizamos obxectos que desprendían distintos
olores: cebola, café, colonia...Cheirando intentaron os compañeiros recoñecer o contido solo polo  olor. O olor máis recoñecido foi o café e a cebola e o menos identificado un ambientador.

3º PROBA: TOCA,TOCA...


Seleccionamos distintos obxectos e os compañeiros que realizaban a proba, cós ollos tapados, intentaban identificar os obxectos coa axuda do tacto. Seleccionamos obxectos variados brandos, duros, suaves, rugosos...a nosa conclusión é que o que máis recoñeceron foi o xabón que ten unha textura suave e o que menos foi  unha mandarina.


4º PROBA: AFINA O OÍDO!

Os compañeiros debían recoñecer polo oído diferentes sons e asocialos có obxecto en cuestión: matasogras, maracas,etc. O resultado da proba foi que todos recoñeceron as maracas...e menos o son dun bote con ponpóns.

5º PROBA: COMO O VES?

Escribimos letras de distintos tamaños nunha cartolina e pasamos a proba coma se fósemos auténticos oculistas.O resultado foi que os nosos compañeiros  ven bastante ben.

Vídeo da actividade: XOGANDO CÓS SENTIDOS