Blogue de aula dos alumn@s de PRIMARIA do Ceip "Saco e Arce" de Toén- Ourense. Esta xanela pretende ser un lugar para compartir, para xogar e imaxinar e un lugar onde plasmar o acontecer da nosa aula, todo iso sen esquecer o noso obxectivo principal:APRENDER, CONVIVIR E COMPARTIR!
A celebración da Romaría das Letras Galegas xa é tradicional na nosa escola, e enmárcase dentro do proxecto de posta en valor da nosa lingua e tradicións entre toda a comunidade educativa, como un elemento de unión , relación e diversión. Disfrutemos pois da lingua e da creatividade dos alumnos de 4°.
PARODIA: "A CABEZA NON PARA"
BAILE: O POUSA
19/05/19
OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS
Os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria realizaron esta semana un obradoiro de primeiros auxilios a cargo de varias técnicas de emerxencias sanitarias e traballadoras do Sergas. Nel aprenderon diversas cousas como:
Do conto á curta. A dinamización do galego a través da creación audiovisual
PROXECTO DE TRABALLO:
Curtametraxe audiovisual coa técnica do stop motion
TRABALLO COLABORATIVO DOS ALUMNOS DE 2º, 3º E 4º DE E.P. DO CEIP SACO E ARCE DE TOÉN
"Nós tamén creamos!" é un programa de promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ás aulas.
Seguimos durante este curso 2018/19 traballando sobre o cinema, pero dende outra perspectiva: queremos aprender a facer CURTAMETRAXES e para elo estamos aprendendo a crear un guión, diálogos, secuencias e escenas, decorados, personaxes, iluminación... Neste vídeo veredes como vai tomando forma o noso proxecto da curta na que andamos moi , moi atarefados todos nós... tanto que todo é curtametraxe , gravacións , decorados... Cando rematemos xa publicaremos a nosa curtametraxe de animación coa técnica de animación stop motion. Agora publicamos un video de como vai o proceso de creación ou making of. Xa case o temos rematado.
ESTE CURSO NÓS SEREMOS UNS XORNALISTAS DE PRIMEIRA. PARTICIPAMOS NO CONCURSO " MELLOR XORNALISTA XUVENIL" DA VOZ DE GALICIA.
BASEÁNDONOS NUNHA NOTICIA IMPRESA NO DIARIO ,NÓS FIXEMOS DESA NOTICIA UNHA PROPIA. ESCRIBIR BEN É A NOSA MÁXIMA PREOCUPACIÓN, XA QUE UTILIZANDO UNHA BOA ORTOGRAFÍA E GRAFÍA A NOSA MENSAXE CHEGARÁ A TODOS OS QUE NOS QUEIRAN LER.
Durante a semana da prensa, nós estamos aprendendo a ser uns bos xornalistas e claro ,comezamos por familiarizarnos coa lectura e manexo dos xornais.
Despois de familiarizarnos cós xornais ,fixemos unha actividade de intentar crear uns titulares interesantes coas palabras e títulos que veñen nos xornais. Sabemos que os titulares son a carta de presentación dunha noticia e que pretenden que o lector se entere pronto e con claridade da noticia, ademais de motivar a lela.
O venres 1 de marzo celebramos na nosa escola o tradicional FESTIVAL DO ENTROIDO, este ano adicado ao CINE.
Nós, os de 4ºEP, representamos a película de GREASE...claro que ao noso" aire". Fixemos moitas cousiñas, como dramatizar, cantar, expresar, comunicar, crear , cooperar, bailar.... No seguinte vídeo, pódese ver o ben que o pasamos e o moito que disfrutamos.
...E NÓS SEGUIMOS CÓS TRABALLOS EN EQUIPO , E ASÍ EN MOI BOA COMPAÑÍA DOS NOSOS COMPAÑEIROS DE 3º EP, CONMEMORAMOS UN ANO MÁIS O DÍA DA NOSA BENQUERIDA ROSALÍA. FIXEMOS CALIGRAMAS COS POEMAS DE ROSALÍA. FOI UNHA INTERESANTE EXPERIENCIA: DEBUXAR, RECITAR, RIR, APRENDER...
As etiquetas dos alimentos conteñen información sobre a cantidade de calorías, porcións e datos nutricionais dos alimentos. Lelas axudános a ser consumidores máis informados nutricionalmente. Con esta tarefa cooperativa, formado por equipos mixtos de alumn@s de 4º e 2º de E.P. ,tratamos de identificar os aspetos básicos da información nutricional dos produtos que consumimos. Levar unha dieta saudable favorece a boa saúde, polo que debemos alimentarnos correctamente é tomar os alimentos que nos proporcionan todos os nutrientes que necesita o noso corpo.
ACTIVIDADE: LATA DE MEXILÓN de Galicia, ó natural
(Trátase dun produto con baixo contido en grasas e alto contido en proteínas que ademáis é fonte natural de vitaminas e de sales minerais ).
O OBXECTIVO DESTA ACTIVIDADE TAN DIVERTIDA FOI MEDIR A CAPACIDADE DOS NOSOS SENTIDOS E ADEMAIS SER CONSCIENTES DA INFORMACIÓN QUE NOS ACHEGA CADA UN DELES.
FIXEMOS ESTA ACTIVIDADE POR GRUPOS, desenvolvendo diferentes probas.
1º PROBA: A QUE SABE?
Preparamos alimentos ácidos, amargos, salgados e doces. Os nosos compañeiros cos ollos tapados e soamente coa axuda do sentido do gusto, tentaron de identificar os alimentos.
Os que máis alimentos recoñeceron foron os que identificaron ben catro alimentos e despois os que menos alimentos identificaron foron os que recoñeceron dous alimentos.
olores: cebola, café, colonia...Cheirando intentaron os compañeiros recoñecer o contido solo polo olor. O olor máis recoñecido foi o café e a cebola e o menos identificado un ambientador.
3º PROBA: TOCA,TOCA...
Seleccionamos distintos obxectos e os compañeiros que realizaban a proba, cós ollos tapados, intentaban identificar os obxectos coa axuda do tacto. Seleccionamos obxectos variados brandos, duros, suaves, rugosos...a nosa conclusión é que o que máis recoñeceron foi o xabón que ten unha textura suave e o que menos foi unha mandarina.
4º PROBA: AFINA O OÍDO!
Os compañeiros debían recoñecer polo oído diferentes sons e asocialos có obxecto en cuestión: matasogras, maracas,etc. O resultado da proba foi que todos recoñeceron as maracas...e menos o son dun bote con ponpóns.
5º PROBA: COMO O VES?
Escribimos letras de distintos tamaños nunha cartolina e pasamos a proba coma se fósemos auténticos oculistas.O resultado foi que os nosos compañeiros ven bastante ben.