13/12/12

BLOGUES da Biblio e Dos Laretas do Ceip "Saco e Arce"

Sumándonos a iniciativa da CGENDL



Merece a pena visitar o blogue da nosa biblio, no que hai moitas horas de dedicación e esforzo compartido...Gracias Carmen!
Déixovos o seguinte enlace:
"BLOGUESQUÍO: 12/12/2012: Deitado frente ao mar...: Dia 12/12/2012 ás 12.  







http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/

Este enlace é o do blogue dos alumn@s e  mestres do terceiro ciclo de Primaria, no que SALI montou e ideou este vídeo e o rap!!!! 
Que gran traballo!!!!

ESTE É O PRODUTO DO SEU TRABALLO: DENTRO VÍDEO!!!



12/12/12

HOMENAXEANDO A CELSO EMILIO FERREIRO


Dia 12/12/2012 ás 12. 


(Sumándonos a iniciativa da CGENDL)

Tod@s os que estabamos neste día  no noso cole (alumn@s, profes e cociñeiras, e naisí) reunímonos no patio para recitar, ou mellor dito, rapear, o poema de Celso Emilio. Pero antes deste día fixemos un mural  sobre o poeta de Celanova e os nenos, nenas e mestr@s andivemos uns días bastante atarefados.

O noso poeta ben o merece!

Quedou así de agradecido!





O noso MURAL

Enlace :Lim de Celso Emilio

10/12/12

RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO




  Recitando CelsoEmiliO


Ao rematar o mes de decembro tamén remata o ano do centeario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, un dos poetas mais representativos da literatura galega da segunda metade do século XX. 


O 12 -do  12 -de  2012- ás 12, alumn@s, mestres, pais e nais de toda Galicia renderemos unha homenaxe á Celso Emilio Ferreiro, á nosa lingua e á nosa cultura porque sí, porque nos gusta, porque nos peta e danos a gana. (É unha iniciativa da CGENDL).

Tod@s estaremos á mesma hora,  recitando o poema Deitado Frente ao mar.  Os seus versos resoarán con forza como símbolo permanente dos valores de solidariedade e de compromiso coa cultura e coa lingua de Galicia.

03/12/12

Aprender a multiplicar



Nestes días imos comezar a traballar iso que 

os maiores lle chaman a MULTIPLICACIÓN.




(Interesante vídeo que mostra o proceso de multiplicación para os nen@s)


25/11/12

Teatro - TITIRICIRCUS


O próximo luns iremos ver unha obra de títeres ao AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE 
de "Tanxarina Títeres"

 Será unha lembranza fantástica do gran circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con monicreques de fíos e traballo cómico as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa esmorecido: o home máis forte da península ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo e durante unha hora TODOS NÓS... estaremos no circo! 


...E NÓS FIXEMOS UN OBRADOIRO DE MONICREQUES. ...

AHÍ VAN OS NOSOS TRABALLOS!











A DIXESTIÓN

20/11/12

20 de Novembro. Día Universal do nen@

DÍA UNIVERSAL DO NEN@

«Todos fomos nen@s algunha vez. E todos desexamos por igual o benestar dos nosos nen@s,que sempre foi e seguirá sendo o anhelo máis universal da humanidade».

Hoxe, 20 de novembro, celébrase o Día Universal do Neno. Nesta data commemórase a aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Realízanse actividades para promover o benester de todos os nenos do mundo e reclámase que se cumpran os dereitos que todos, absolutamente todos os nenos, posúen. 

DEREITOS:

1. Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2. Dereito a unha protección especial para que poidan crecer física, mental e socialmente sans e libres.
3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas.
5. Dereito á educación e atencións especiais para os nenos física ou mentalmente diminuídos.
6. Dereito á comprensión e amor por parte das familias e da sociedade.
7. Dereito a unha educación gratuíta. Dereito a divertirse e xogar.
8. Dereito a atención e axuda preferentes en caso de perigo.
9. Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo.
10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidaridade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo.



19/11/12

OS POLÍGONOS


UN POLÍGONO É UNHA FIGURA  PLANA  CON LADOS RECTOS, E NOMEÁNSE POLO NÚMERO DE LADOS QUE TEÑEN : triángulo(3 lados); pentágono (5 lados)...

FIXÁDEVOS  NESTES POLÍGONOS E DESPOIS XOGADE A CLASIFICALOS...



07/11/12

As nosas receitas con castañas.Tempo de castañas e magosto

 As castañas son un alimento moi nutritivo que nos enche de enerxía na época de frío. E que mellor opción para consumilas, que introducilas nas nosas sobremesas.

Os nenos e nenas de 2ºcurso  do CEIP "Saco e Arce" de Toén, seguiremos nestas datas de MAGOSTOS informándovos das nosas riquísimas receitas....!



Receita de castañas ao forno


 Asar castañas é un plan ideal para facer cos nenos/as. É a época do ano en que nos encanta saír a pasear con eles e recoller castañas. Logo cando volvemos á casa chega a segunda parte da diversión: asalas ao forno! Como o pasan os nenos e nenas  esperando as castañas e logo coméndoas! 
Preparación.Prequecer o forno a 200ºC mentres facedes un corte a cada castaña para que non estalen no forno. É unha incisión que debedes practicar do tamaño dunha pequena uña, lateralmente coma se foses a pelar unha pataca. O corte debe atravesar a pel exterior e a interior, pero apenas rozar o froito. Procura non arrancar a pel, só un pequeno corte para que non se inche e estale. Colócaas na bandexa de forno sen amorear e enfórnaas durante ½ hora. Comproba que estean feitas agarrando unha cunha luva de forno, se cede á presión da man significa que xa están listos. Coidado con probala, evidentemente, queima!

A degustación :  RICAS, RICAS!


 A Torta de castañas e chocolate

Os ingredientes: 600 gramos de castañas crudas peladas, 150 gramos de azúcre, 50 gramos de manteiga, 4 ovos, 1 chisquiño de licor, 1 culleriña de cacao en po, un chisco de sal, 1 limón e 1 cullerada de azucre glass.


A preparación

Coce as castañas en auga salgada uns 25 minutos, escórreas e pásaas polo pasador de puré cando aínda estean quentes.Separa as xemas das claras e trabállaas co azúcre e a manteiga amolecida ata obter unha crema fina. Engade un pouquiño licor, o puré de castañas, o cacao e a pel relada do limón.
Monta as claras a punto de neve cun chisco de sal, e agrégaas devagar á mestura anterior, batendo coas varas de abaixo a arriba.

Pon o forno a quentar 190ºC e unta con manteiga o molde da torta. Verte o composto no molde e introdúceo no forno durante 1 hora. Fai a proba do escarvadentes para comprobar que está ben feito. Déixao arrefriar, desmolda o e adórnao con azúcre glass, tamén se queres, pódelo acompañar de nata ou chocolate quente.

A degustación: O sublime non ten nome nin explicación, vós encontrádela?

...E como xa chega o nadal, imos practicando:




25/10/12

Samaín

Actividade Lim que  se pode facer  en galego ou castelán  

Premade aquí para facer a actividade


INVESTIGANDO...


Chega o outono e con él as castañas, as cabazas e demás froitos do outono ; tamén  chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e acércase o inverno, vaise a calor e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín.

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. 

Os avós  lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles uns pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar ós viandantes.





18/10/12

E agora, como quen canta os males espanta imos escorrentar o medo cantando. Ánimo e A CANTAR!!


Image du Blog tata02310.centerblog.net
Source :
tata02310.centerblog.net</a> sur centerblog.

Letra da canción


"Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.

Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.

Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.

Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.

 Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.

 Bailan, bailan as pantasmas,
 monstros, bruxas e curuxas.
 Bule, bule que aínda é cedo
 e hoxe toca pasar medo.


COMO SE TALLA UNHA CABAZA?


1.- Escolle a túa cabaza. O tamaño
non importa pero procura que estea
máís verde que madura. Durará
máis tempo.

2.-Coa axuda dun familiar maior
corta a parte superior da cabaza e
gárdaa. Servirache de tapa.

3.-Colle unha culler e valeira o interior
da cabaza. Límpaa moi ben
para que quede só a tona dura do
exterior.

4.-Talla unha cara que produza moito
medo. Cun coitelo ide tallando
os ollos, o nariz e a boca.



CHEGOU O SAMAÍN



Chega o outono, e con el o  tempo das castañas, das noces, do vento,das  follas secas e dos días escuros. É tamén chegan os días que na escola  os  rapaces fan as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos nosos antepasados  celtas.
Hoxe en día xa non se practican tales crenzas, máis ao longo do tempo mantívose un
costume derivado destas: tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha
candea no seu interior.

PREMADE AQUÍ PARA XOGAR AO SAMAÍN

PREMADE AQUÍ E A XOGAR!

19/09/12

Nós, os e as ciclistas

O curso de 2º de primaria do CEIP "Saco e Arce" imos chamarnos o grupo dos e das CICLISTAS!!! Este foi o deporte olímpico que democraticamente foi o máis votado por todos nós e o que máis nos gustou.

18/09/12

Orixen dos Xogos Olímpicos






Neste capítulo Tina mostraranos a orixe dos Xogos Olimpicos. Daremos un paseo por Grecia montados a lombos de Pegaso, e coñeceremos aZeusAlejandro MagnoAristóteles, veremos o Monte Olimpo, o Partenón, e moito máis...Espero o disfrutedes!!!

13/09/12

Xa estamos de volta..!


Con Efrén nos xogos olímpicos



A viaxe de Efrén aos  Xogos Olímpicos (a nosa mascota da biblioteca)  é o tema do proxecto co que iniciamos o curso 2012/2013. Aproveitamos este acontecemento, que tivo lugar en Londres neste verán , como elemento motivador para o alumnado, capaz de xurdir o seu interese e a súa curiosidade, como eixo vertebrador das aprendizaxes e que  supón unha resposta á necesidade de organizar os contidos escolares dende a dinámica da globalización, para que os nen@s aprendan a organizar, comprender e asimilar a información, a desenvolver o pensamento crítico, a reflexión, a capacidade de formulación de hipótesis...é para conquerir todo esto, é para o que desenvolvemos este  proxecto.

Un saúdo 
...a profe María!


10/09/12

Benvid@s ao novo curso 2012/2013




IDE COLLENDO FORZAS

Ola!!

 Que tal pasáchedes o verán? Espero que xenial!!! Pois ide collendo forzas porque os/as  prof@s estamos preparando todo para que este ano aprendamos moitísimo, e tamén para que o pasemos moi ben.

 Xa non queda nada!!! Non vos esquezades de ir adestrando iso de madrugar, e xa toca acostarse máis cedo, que tedes que ter as pilas ben, ben cargadiñas para comenzar a escola. 

 As clases darán comezo o día 12 de setembro, o horario deste primeiro día será de 10.15 a 12.45. Os autobuses funcionarán do mesmo xeito ca o curso anterior, sairán da 1ª parada de cada ruta 1/2 hora antes da entrada.

 A partir do 13 de setembro e durante todo o mes o horario será de 9.15 a 15.00.

 O horario de outubro a maio será de 9.45 a 16.00 h. 

Bicos e  vémonos o mércores!

A profe María

04/07/12

09/06/12

Descubrindo o mundo

33 razóns para ler..

Para deter o tempoPara saber que estamos vivos
Para saber que non estamos sós
Para saber, 
para aprender
Para aprender a pensar
Para descubrir o mundo
Para coñecer outros mundos
Para coñecer ós outros
Para coñecernos a nós mesmos
Para compartir un legado común

Para crear un mundo propio
Para rir
Para chorar
Para consolarnos
Para desterrar a melancolía
Para ser o que non somos
Para non ser o que somos
Para dubidar
Para negar
Para afirmar
Para fuxir do ruído
Para combater a fealdade
Para refuxiarnos
Para evadirnos
Para imaxinar
Para explorar
Para xogar
Para pasalo ben
Para soñar
Para crecer...

Revista Cataventos

http://issuu.com/sacoearce/docs/cataventos12



Acabamos de publicar o último nº da nosa revista escolar Cataventos, do Ceip "Saco e Arce" de Toén, na que aparecen publicados varios dos nosos traballos de aula.

Xa sabedes,...Cli... no enlace e votádelle unha   boa ollada!!!

01/06/12

O souto dos laretas

El blog O souto dos laretas, de los alumnos del Colegio de Toén, ganó el primer premio del concurso de blogs Prensa-Escuela en Galicia. En segundo lugar se clasificó el IES de A Pobra do Caramiñal y en tercer lugar, el colegio Curros Enríquez de A Coruña. Saladina Álvarez es la coordinadora del blog del centro de Toén, en el que participan alumnos de sexto sobre todo, con la colaboración de los de quinto. «Desde o momento en que tes aberto un blog en Wordpress participas neste certame», dice Álvarez. El blog se abrió en octubre y en él se proponen actividades de Educación para la Ciudadanía. «Os rapaces len e van facendo entradas. É un blog participativo», asegura. «Cando vimos que eramos blog de referencia quedamos sorprendidos e cando nos comunicaron o premio, foi unha alegría». El blog ayuda a los niños a seleccionar contenidos en Internet. «Eu busco información sobre os temas que damos como a Unión Europea», dice Alba Rodríguez.
NORABOA A TOD@S!!!




24/05/12

19/04/12

QUEBRACABEZAS




É moi sinxelo !!!
Pulsa na imaxe para empezar a compoñer o quebracabezas.
FÍXATE NA IMAXEN...É O NOSO COLE!

¡Inténtao! 

16/04/12

Cadernos de Vocabulario



ESCRIBIMOS. 
O vocabulario e a composición escrita están comenzando a cobrar moita importancia según avanza o curso, e tamén a súa complexidade. Para adquirir un maior dominio da lingua estamos a confeccionar  pequenos cadernos de palabras,de oracións,de rimas ,de  poemas, de pequenos contos...Según imos traballando nestes cadernos imos facéndoo cada vez mellor, con máis soltura. Seguiremos informando dos nosos progresos nesto da escritura.

12/04/12

Caderno de Viaxe


Durante estas vacacións moitos dos meus alumn@s fixeron un pequeno CADERNO DE VIAXE . Propuxen  aos rapaces e rapazas rexistrar , debuxar , imaxinar  o itinerario das vacacións, anotar o nome dun lugar que lles chamase especialmente á atención, ou  o  que fixeron e o que gozaron dos xogos e da familia...

 Irían escribindo no seu caderno de viaxe o que lles acontecía.
O obxectivo é   poder gardar ou recoller  o que lles acontece, por se algún día pode chegar a ser do seu  interese...


Ideas para que os nen@s anoten as súas cousiñas:
  • Poden debuxar e escribir  o que levan na súa maleta.
  • Poden anotar os lugares por onde pasan e facer un pequeno itinerario ou plano.
  • Calendario de actividades. Anotarán o que fan cada día .
  • Sentimentos: Hoxe foi un día...cheo de ledicia, especial, de color...
  • Mapa de pensamentos: que che pasou hoxe pola túa cabeza?