Blogue de aula dos alumn@s de PRIMARIA do Ceip "Saco e Arce" de Toén- Ourense. Esta xanela pretende ser un lugar para compartir, para xogar e imaxinar e un lugar onde plasmar o acontecer da nosa aula, todo iso sen esquecer o noso obxectivo principal:APRENDER, CONVIVIR E COMPARTIR!
23/01/13
21/01/13
IMOS TRABALLAR PARA A PAZ
Xa chega o Día da Paz e con esta efeméride un montón de traballo para a nosa aula.
E algo de música? "O mundo é grande",
de Mamá Cabra.
E UN DOS VALORES QUE QUEREMOS PARA NÓS , É:
TOLERANCIA, ESPÍRITU DE EQUIPO, VALENTÍA,
RESPONSABILIDADE...
20/01/13
11/01/13
26/12/12
PLAN PROXECTA
ÉRGUETE XA!!!
Dende a escola hai unha crecente preocupación pola vida sedentaria dos nosos alumn@s, xa que entendemos que o corpo necesita un mínimo de actividade física diaria para manterse en forma e ter unha vida máis saudable.
Vivimos nunha sociedade na cal, cada vez, temos máis tempo libre e de lecer, pero este tempo utilizámolo en ver a televisión, xogar coa videoconsola, etc, e dedicamos menos para facer unha actividade física adecuada, o cal nos leva irremediablemente ao sedentarismo, que se caracteriza pola ausencia de actividade física e os problemas que iso acarrea aos nen@s.
Un dos obxectivos que estamos a traballar na aula é que os nen@s coñezan e usen os movementos motrices, perceptivos e sensitivos como medio de distrute corporal e de benestar na súa vida cotiá.
24/12/12
Nadal en movemento!
Este curso estamos a participar no Plan Proxecta.
O noso proxecto leva por título: Erguete xa!
Este son os nosos desexos para un NADAL en MOVEMENTO
15/12/12
UNHA MANUALIDADE NO NADAL
PEQUENAS COUSAS E GRANDES SOÑOS....ASÍ NÓS CELEBRAMOS A CHEGADA DO NADAL, APRENDENDO, COMPARTINDO E VALORANDO AS COUSIÑAS SINXELAS QUE FACEMOS!!!
MENUDA ALGARABÍA!!!
13/12/12
BLOGUES da Biblio e Dos Laretas do Ceip "Saco e Arce"
Sumándonos a iniciativa da CGENDL

Merece a pena visitar o blogue da nosa biblio, no que hai moitas horas de dedicación e esforzo compartido...Gracias Carmen!
Déixovos o seguinte enlace:
"BLOGUESQUÍO: 12/12/2012: Deitado frente ao mar...: Dia 12/12/2012 ás 12.
12/12/12
HOMENAXEANDO A CELSO EMILIO FERREIRO
Dia 12/12/2012 ás 12.
(Sumándonos a iniciativa da CGENDL)
Tod@s os que estabamos neste día no noso cole (alumn@s, profes e cociñeiras, e naisí) reunímonos no patio para recitar, ou mellor dito, rapear, o poema de Celso Emilio. Pero antes deste día fixemos un mural sobre o poeta de Celanova e os nenos, nenas e mestr@s andivemos uns días bastante atarefados.
(Sumándonos a iniciativa da CGENDL)
O noso poeta ben o merece!
Quedou así de agradecido!
![]() |
O noso MURAL Enlace :Lim de Celso Emilio |
11/12/12
10/12/12
RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO
Recitando CelsoEmiliO
Ao rematar o mes de decembro tamén remata o ano do centeario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, un dos poetas mais representativos da literatura galega da segunda metade do século XX.
O 12 -do 12 -de 2012- ás 12, alumn@s, mestres, pais e nais de toda Galicia renderemos unha homenaxe á Celso Emilio Ferreiro, á nosa lingua e á nosa cultura porque sí, porque nos gusta, porque nos peta e danos a gana. (É unha iniciativa da CGENDL).
Tod@s estaremos á mesma hora, recitando o poema Deitado Frente ao mar. Os seus versos resoarán con forza como símbolo permanente dos valores de solidariedade e de compromiso coa cultura e coa lingua de Galicia.
07/12/12
03/12/12
Aprender a multiplicar
Nestes días imos comezar a traballar iso que
os maiores lle chaman a MULTIPLICACIÓN.
(Interesante vídeo que mostra o proceso de multiplicación para os nen@s)
26/11/12
25/11/12
Teatro - TITIRICIRCUS
O próximo luns iremos ver unha obra de títeres ao
AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE
de "Tanxarina Títeres"
Será unha lembranza fantástica do gran circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con monicreques de fíos e traballo cómico as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa esmorecido: o home máis forte da península ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo e durante unha hora TODOS NÓS... estaremos no circo!
...E NÓS FIXEMOS UN OBRADOIRO DE MONICREQUES. ...
AHÍ VAN OS NOSOS TRABALLOS!
22/11/12
20/11/12
20 de Novembro. Día Universal do nen@
DÍA UNIVERSAL DO NEN@
«Todos fomos nen@s algunha vez. E todos desexamos por igual o benestar dos nosos nen@s,que sempre foi e seguirá sendo o anhelo máis universal da humanidade».
Hoxe, 20 de novembro, celébrase o Día Universal do Neno. Nesta data commemórase a aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Realízanse actividades para promover o benester de todos os nenos do mundo e reclámase que se cumpran os dereitos que todos, absolutamente todos os nenos, posúen.
DEREITOS:
1. Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2. Dereito a unha protección especial para que poidan crecer física, mental e socialmente sans e libres.
3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas.
5. Dereito á educación e atencións especiais para os nenos física ou mentalmente diminuídos.
6. Dereito á comprensión e amor por parte das familias e da sociedade.
7. Dereito a unha educación gratuíta. Dereito a divertirse e xogar.
8. Dereito a atención e axuda preferentes en caso de perigo.
9. Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo.
19/11/12
OS POLÍGONOS
UN POLÍGONO É UNHA FIGURA PLANA CON LADOS RECTOS, E NOMEÁNSE POLO NÚMERO DE LADOS QUE TEÑEN : triángulo(3 lados); pentágono (5 lados)...
FIXÁDEVOS NESTES POLÍGONOS E DESPOIS XOGADE A CLASIFICALOS...
![]() |
17/11/12
16/11/12
12/11/12
10/11/12
07/11/12
As nosas receitas con castañas.Tempo de castañas e magosto
Os nenos e nenas de 2ºcurso do CEIP "Saco e Arce" de Toén, seguiremos nestas datas de MAGOSTOS informándovos das nosas riquísimas receitas....!
Receita de castañas ao forno
Asar castañas é un plan ideal para facer cos nenos/as. É a época do ano en que nos encanta saír a pasear con eles e recoller castañas. Logo cando volvemos á casa chega a segunda parte da diversión: asalas ao forno! Como o pasan os nenos e nenas esperando as castañas e logo coméndoas!
Preparación.- Prequecer o forno a 200ºC mentres facedes un corte a cada castaña para que non estalen no forno. É unha incisión que debedes practicar do tamaño dunha pequena uña, lateralmente coma se foses a pelar unha pataca. O corte debe atravesar a pel exterior e a interior, pero apenas rozar o froito. Procura non arrancar a pel, só un pequeno corte para que non se inche e estale. Colócaas na bandexa de forno sen amorear e enfórnaas durante ½ hora. Comproba que estean feitas agarrando unha cunha luva de forno, se cede á presión da man significa que xa están listos. Coidado con probala, evidentemente, queima!
A Torta de castañas e chocolate
Os ingredientes: 600 gramos de castañas crudas peladas, 150 gramos de azúcre, 50 gramos de manteiga, 4 ovos, 1 chisquiño de licor, 1 culleriña de cacao en po, un chisco de sal, 1 limón e 1 cullerada de azucre glass.
A preparación :
Coce as castañas en auga salgada uns 25 minutos, escórreas e pásaas polo pasador de puré cando aínda estean quentes.Separa as xemas das claras e trabállaas co azúcre e a manteiga amolecida ata obter unha crema fina. Engade un pouquiño licor, o puré de castañas, o cacao e a pel relada do limón.
Pon o forno a quentar 190ºC e unta con manteiga o molde da torta. Verte o composto no molde e introdúceo no forno durante 1 hora. Fai a proba do escarvadentes para comprobar que está ben feito. Déixao arrefriar, desmolda o e adórnao con azúcre glass, tamén se queres, pódelo acompañar de nata ou chocolate quente.
A degustación: O sublime non ten nome nin explicación, vós encontrádela?
...E como xa chega o nadal, imos practicando:
05/11/12
03/11/12
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)